jueves, 17 de marzo de 2016

PADRIÑOS LECTORES MARZO

Este mes coincidindo cos festexos do día da poesía, as nosas madriñas e padriños lectores visitaron aos nenos e nenas de infantil para ler con eles algúns poemiñas e rimas.
Aquí podedes ver o atentos que estiveron!!!

               
                             Padriños lectores marzo from Departamento de orientación on Vimeo.

jueves, 10 de marzo de 2016

MULLERES SELADAS

Con retraso, pero aquí tedes este fantástico traballo do IES XOÁN MONTES sobre mulleres que aparen en selos de diferentes países, mulleres notables e sin embargo esquecidas. É un extraordinario traballo de documentación, que agradecemos comparta con todos.
Pero tamén con este título se xoga co doble sentido da palabra seladas. No seu significado propio de mulleres ás que se lles puxo un selo na súa boca para que non falasen, que non denunciasen a súa situación.

Neste mapa podedes ver os países nos que aparecen o selo e si clicades nas figuras veredes datos da súa biografía e a imaxe do selo.




Neste outro traballo do IES Monte das Moas podedes ver a biografía de mulleres do noso país que tamén destacan nos seus campos. Grazas por compartir este traballo.

miércoles, 9 de marzo de 2016

FINA CASALDERREY ESTIVO CONNOSCO

Fina Casalderrey estivo connosco para entregar os premios do concurso sobre a súa obra. Esta actividade contou coa participación de moito alumnado do centro. Aprendimos moitas cousas sobre a súa obra, e sobre esta extraordinaria mestra e escritora.
Grazas profe Margarita Fontán por organizar esta actividade.