martes, 24 de octubre de 2023

Dia das Bibliotecas

Ligazón con Bibliotecas Escolares de Galicia

Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas. Este ano o lema é "Tecendo comunidade".  Dende o noso colexio queremos colaborar no tecido de redes entre familias, nenas e nenos, mestras e mestres, e outras persoas da comunidade educativa, e por iso comezamos a abrir a nosa Biblioteca polas tardes, durante as gardas do profesorado. 

Agardamos que sexades moitas as persoas que visitedes a nosa Biblioteca, un espazo cheo de historias, aventuras, emocións, coñecemento e ilusión, no que os soños medran da man da nosa mascota, Curicuxa. 

 

 

 


ÚLTIMA HORA: Curicuxa abre a Biblio polas tardes!!


 

jueves, 19 de octubre de 2023

XA ESTAMOS EN MARCHA CO NOSO PDI

Polos corredores do noso colexio xa podemos ver algúns  libros relacionados co PDI deste ano: "ParaOlímpicxs, nós".

 Curicuxa, a nosa mascota da Biblio, puxo o cole patas para arriba este verán, porque estivo á procura de canto libro, conto, revista podía atopar, que tiveran relación co mundo do deporte.

Tamén aproveitou as vacacións para visitar librarías da contorna buscando novos títulos para traer á escola. Mercou algúns exemplares  que en breve ocuparán o seu sitio nos estantes do corredor, que aínda locen un pouquiño baleiros.  

Así que xa sabedes... agora tócavos a vós abrir eses libros e enchouparvos de aventuras deportivas, percorrer as cidades olímpicas e parolímpicas, coñecer as mascotas dos Xogos,  entrenar o voso cerebro coa lectura e moito máis!! 

E  de seguro que Curicuxa Olímpica vai traer algunha sorpresiña!



 

 

O SAMAÍN : CONTOS, TRADICIÓNS E MÚSICA

O SAMAÍN está a chegar!  UUUUUhhhh!!!

Xa temos o noso recanto de "Lecturas terroríficas de outono" , con títulos nos que podemos atopar vampiros, bruxas, esqueletos e monstros.  Animádevos e levádeos para clase!

"Ler historias de medo permítelles ás crianzas explorar e comprender as súas propias reaccións de medo nun entorno no que poden controlar ao seu ritmo.  Isto resulta moi importante para  que sintan que controlan a situación e para que a lectura sexa  unha experiencia divertida e gratificante."




 

 

Nestas ligazóns podedes atopar material sobre o Samaín.
 






domingo, 8 de octubre de 2023

BENVIDXS AO NOVO CURSO

 Comezamos este curso con moita ilusión, desexando reencontrarnos coas nosas compañeiras e compañeiros para compartir sorrisos e xogos, nas aulas e nos patios.

Este curso Curicuxa preparounos unha sorpresa: adicaremos o PDI aos xogos (Para)Olímpicos!!  Hai xa catro anos non puidemos rematar este proxecto por mor da pandemia, así que este ano ímolo retomar con moitísimas ganas. Cambiamos Tokio por París, pero seguimos co mesmo espíritu deportivo, dispostxs a ser expertas e expertos neste tema tan interesante.

O lema é "ParaOlímpicxs, nós!"  A que vos gusta moito?  Ademais, Curicuxa agasallounos cunha medalla olímpica coa imaxe que vedes aquí enriba. Chulísima!!

Pois  deste xeito tan deportivo comezamos, saíndo cara a meta que nos conducirá  a novas aventuras. 

Irémosvolas contando.