domingo, 8 de octubre de 2023

BENVIDXS AO NOVO CURSO

 Comezamos este curso con moita ilusión, desexando reencontrarnos coas nosas compañeiras e compañeiros para compartir sorrisos e xogos, nas aulas e nos patios.

Este curso Curicuxa preparounos unha sorpresa: adicaremos o PDI aos xogos (Para)Olímpicos!!  Hai xa catro anos non puidemos rematar este proxecto por mor da pandemia, así que este ano ímolo retomar con moitísimas ganas. Cambiamos Tokio por París, pero seguimos co mesmo espíritu deportivo, dispostxs a ser expertas e expertos neste tema tan interesante.

O lema é "ParaOlímpicxs, nós!"  A que vos gusta moito?  Ademais, Curicuxa agasallounos cunha medalla olímpica coa imaxe que vedes aquí enriba. Chulísima!!

Pois  deste xeito tan deportivo comezamos, saíndo cara a meta que nos conducirá  a novas aventuras. 

Irémosvolas contando.