jueves, 19 de octubre de 2023

XA ESTAMOS EN MARCHA CO NOSO PDI

Polos corredores do noso colexio xa podemos ver algúns  libros relacionados co PDI deste ano: "ParaOlímpicxs, nós".

 Curicuxa, a nosa mascota da Biblio, puxo o cole patas para arriba este verán, porque estivo á procura de canto libro, conto, revista podía atopar, que tiveran relación co mundo do deporte.

Tamén aproveitou as vacacións para visitar librarías da contorna buscando novos títulos para traer á escola. Mercou algúns exemplares  que en breve ocuparán o seu sitio nos estantes do corredor, que aínda locen un pouquiño baleiros.  

Así que xa sabedes... agora tócavos a vós abrir eses libros e enchouparvos de aventuras deportivas, percorrer as cidades olímpicas e parolímpicas, coñecer as mascotas dos Xogos,  entrenar o voso cerebro coa lectura e moito máis!! 

E  de seguro que Curicuxa Olímpica vai traer algunha sorpresiña!