martes, 24 de octubre de 2023

Dia das Bibliotecas

Ligazón con Bibliotecas Escolares de Galicia

Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas. Este ano o lema é "Tecendo comunidade".  Dende o noso colexio queremos colaborar no tecido de redes entre familias, nenas e nenos, mestras e mestres, e outras persoas da comunidade educativa, e por iso comezamos a abrir a nosa Biblioteca polas tardes, durante as gardas do profesorado. 

Agardamos que sexades moitas as persoas que visitedes a nosa Biblioteca, un espazo cheo de historias, aventuras, emocións, coñecemento e ilusión, no que os soños medran da man da nosa mascota, Curicuxa.