sábado, 3 de octubre de 2015

UNHA FERMOSA CURTA DE ANIMACIÓN BASEADA NUN ÁLBUM


O peixe que sorría de Jimmy Liao. Un álbum que dá lugar a un audiovisual.
Unha curta de animación realizada en Taiwan que gañou un premio especial no festival de Berlin de 2006. Os directores son Ay Shih, Alan I. Tuan e Poliang Lin, e a música é de Chien-Ci Chen.
Unha nova historia que viaxa do papel á animación. 
Disfrutade desta fermosa historia de amizade entre un home e un peixe, pero que no fondo convídanos á convivencia en respeto e liberdade entre tódolos seres vivos.