domingo, 11 de noviembre de 2012

O MAGOSTO



O magosto realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, atrasouse ata o día 11, san Martiño. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, converténdose, xunto co SAMAIN nas festas do outono por excelencia, e a ela, ademais das castañas tamén se incorporan diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas.

Celebrábase tradicionalmente nun claro do mesmo souto, comezando a primeira hora da tarde coa recollida de leña e castañas. Facíase unha ou varias fogueiras con paus e frouma para conseguir brasas dabondo para asar as castañas. Aínda que había que picar (ou sinalar) as castañas antes de botalas nas brasas, non faltaba quen botaba algunha enteira, para que estoupase. Por fin, no remate da festa, os máis rapaces xogaban a tiznarse coas mans cheas de feluxe mentres que mozos e adultos cantaban e bailaban.
A CASTAÑA