lunes, 20 de noviembre de 2023

20 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

 

No Día Mundial da Infancia celebramos os avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación das nenas e nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

Cando se celebra o Día Mundial da Infancia?

Nacións Unidas celebra o Día Mundial da Infancia o 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 . Esta declaración, que non tiña legalmente carácter vinculante, non era suficiente para protexer os dereitos da infancia. Tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG, e outras institucións, logrouse acordar o texto final da Convención sobre os Dereitos do Neno, o 20 de novembro de 1989, cuxo cumprimento é obrigatorio para todos os países que o asinaron.

O obxectivo do Día do Neno é lembrar á cidadanía que os nenos e nenas son o colectivo máis vulnerable e, por tanto, o que máis sofre as crises e os problemas do mundo.

Que se celebra?

A Asemblea Xeral da ONU recomendou en 1954 destinar un día a fomentar a fraternidade entre os nenos e as nenas do mundo, e promover o seu benestar con actividades sociais e culturais.

Nacións Unidas celebra este Día Mundial da Infancia en honra á aprobación da Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e á Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989, o tratado internacional máis ratificado da historia.

Para que serve o Día Mundial da Infancia?

Este día mundial lembra que todos os nenos e nenas teñen dereito á saúde, a educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que nazan.

Dedicar un día mundial á infancia tamén serve para facer un chamamento mundial sobre as necesidades dos máis pequenos e para recoñecer o labor das persoas que cada día traballan para que as nenos e nenos teñan un futuro mellor.

(Web de UNICEF)