O sábado día 24 Rosalía de Castro estivo de aniversario. Cumpríronse 181 anos desde o seu nacemento, o 24 de febreiro do ano 1837, en Santiago de Compostela.
Rosalía de Castro é unha das grandes poetisas da literatura universal; e unha das principais responsables do movemento O Rexurdimento, que buscaba recuperar o respecto pola nosa lingua, darlle o valor que ten como parte de nós, da nosa cultura e da nosa historia. É tal a súa importancia que escolleuse o 17 de maio para celebar o día das Letras Galegas na mesma data na que se publicou un dos seus libros máis importantes: "Cantares Galegos".
Para esta data moitos centros educativos de Galicia realizaron traballos para recordar a súa obra. Aquí podedes ver algúns: