O día 8 de marzo celebramos o día da muller. Neste vídeo podedes aprender algo sobre a orixe desta data:
A biblioteca "Saturnino Hermida" do IES Concepción Arenal de Ferrol elaborou un traballo moi interesante sobre a historia desta data. Podédelo consultar aquí: http://bibliotecash.blogspot.com.es/2018/03/dia-da-muller-ii-historia-das-mulleres.html
Neste vídeo tamén podedes ver algunhas lecturas relacionadas con este día e coa igualdade:
Por que a igualdade é necesaria xa que ao longo da historia son moitos os casos nos que as mulleres foron silenciadas nas súas achegas ao mundo da arte, da ciencia,....
Neste enlace podedes comprobar algúns destes casos:
https://elpais.com/elpais/2018/02/26/album/1519649002_373020.html#foto_gal_3
Porque son moitas as mulleres que neste momento loitan por ser recoñecidas no seu traballo en igualdade ca os homes. Un primeiro paso que todos debemos dar é compartir as tarefas do fogar, porque son cousa de todos.
Consultade o portal da ciencia galega e poderes ver a necesidade de avanzar na igualdade, para que non se perdan o talento de moitas mulleres.
http://www.gciencia.com/?s=mulleres
No portal da cultura galega podemos aprender moito sobre mulleres que destacaron en diferentes ámbitos da cultura: http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=28
Finalmente aquí podedes consultar unha páxina con recomendacións sobre literatura galega para a igualdade: https://www.pinterest.es/pilarsampedro2241/rapazas-25-literatura-infantil-galega-para-a-igual/