O alumando de 4º elaborou este vídeo polo día da muller sobre Ángela Ruíz Robles. Esta mestra e inventora, posuía un gran talento, que como no caso de tantas e tantas mulleres, foi silenciado. Ademáis, foi unha muller preocupada pola educación e a mellora das condicións do alumnado da época.
É importante que lles rindamos homenaxes a mulleres que como ela non recibiron o recoñecemento que merecía na súa época, pero tamén é importante que aprendamos como sociedade para que as seguintes xeracións non teñan que facer homenaxes póstumos.
Homes e mulleres deben poder vivir e desenvolverse en igualdade. Deben poder acceder en igualdade de oportunidades aos mesmos traballos, recibindo o mesmo salario e nas mesmas condicións laborais.