Ernesto Sábato, o gran escritor arxentino autor de obras extraordinarias coma "Sobre héroes y tumbas" e "El túnel" que presidiu a Comisión Nacional sobre a Desaparición de Personas en Arxentina, faleceu na madrugada do sábado 30 de abril.
Fillo de pai italiano e nai albanesa, é considerado coma un dos máis importantes escritores da literatura latinoamericana. Obtivo o Premio Cervantes en 1984.
A súa vida e a súa obra non se comprenden sen ter en conta a súa faceta de loitador polos dereitos humanos e o seu compromiso contra a dictadura militar que gobernou Arxentina entre 1976 e 1983. Pero este compromiso estivo salpicado de situacións que deron lugar a situacións e declaracións contraditorias.
Despois da ditadura, Ernesto Sábato recibiu o encargo do primeiro presidente democrático, Raúl Alfonsín, de encabezar a Comisión Nacional sobre a Desaparición de Persoas. O equipo de investigación da Comisión recolleu os testimonios e documentou 8.960 desaparicións e a existencia de 340 centros de detención ilegal e tortura. O informe coñecido como "Informe Sábato", foi entregado ao presidente Alfonsín o 20 de setembro de 1984 e deu orixe ao procesamento e condena dos máximos responsables das xuntas militares da ditadura, que foron enviados ao cárcere.
Sufriu durante moito tempo unha forte depresión e pasou os últimos anos sen escribir pero adicado á pintura, que era a súa segunda vocación artística.
"Cuando me muera, quiero que me velen acá, para que la gente del barrio pueda acompañarme en este viaje final... Y quiero que me recuerden como un vecino, a veces cascarrabias, pero en el fondo un buen tipo... Es a todo lo que aspiro".
Ernesto Sábato