martes, 1 de marzo de 2011

RECOÑECEMENTO DOS ESCRITORES E ILUSTRADORES GALEGOS

A Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI) propuxo ao escritor galego Agustín Fernández Paz como candidato español ao Premio Andersen, que concede o IBBY (International Board on Books for Young People) cada dous anos como recoñecemento a unha “contribución duradeira á literatura infantil e xuvenil” dun escritor e dun ilustrador. Este prestixioso premio é considerado como o Nobel da literatura infantil e é patrocinado pola raíña Margarita de Dinamarca.

Para saber máis: XORNAL.COM
Agustín Fernández Paz


Ademáis, entre os quince ilustradores que presenta a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil á Bienal da Ilustración de Bratislava, encóntranse tres galegos: Anxo Fariña por “No castelo de Mabel” ; David Pintor, por “Cuentos para niños que se duermen enseguida” (Kalandraka), e a Kristina Sabaite por “Mamá cabra ola, ola la!” (Galaxia).

Anxo Fariña


Por outra parte, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil propuxo a Fina Casalderrey e Miguelanxo Prado para o Premio Astrid Lindgren, que concede o goberno sueco.
Miguelanxo Prado

Fina Casalderrey