O 20 de marzo de 1963, tres membros da
Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta
histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra
Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade
intelectual galega".
Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e
Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar
aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia
de Castro", a Academia deberia consagrar, con carácter de
perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.
Estimaban que o libro rosaliano editado
en 1863 "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega
contemporánea" e que "a súa aparición veu a lle dar prestixio unviersal á
nosa fala como instrumento de creación literaria", concluindo que
representa "un fito decisivo na historia da renacencia cultural de
Galicia".
Propuñase o dia 17 de maio, ó ignorarse a
data da publicación do libro, por ser nese dia cando Rosalia de Castro
llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero.
Ao longo destes anos a Real Academia Galega propuxo a aqueles persoeiros que se identificaron coa defensa da nosa lingua e con unha importante produción literaria e intelectual.
Este ano o homenaxeado é Xosé Filgueira Valverde, intelectual moi vinculado coa veciña cidade de Pontevedra,l xa que foi profesor de literatura no instituto, participou na creación do Museo Provincial da cidade, foi presidente do Tribunal Tutelar de Menores de Pontevedra ata 1967 e alcalde de Pontevedra, así como Procurador en Cortes.
Posteriormente durante a democracia tamén ocupou diversos cargos, todos eles relacionados co mundo da cultura.
Conta cunha extensísima obra (máis de 300 títulos entre folletos e libros e de 1000 artigos publicados).
Nos seguintes enlaces podedes descubrir máis sobre este persoaxe:
LIÑA DO TEMPO : http://timerime.com/es/evento/3881675/Nacemento/
FILGUEIRA VALVERDE: http://filgueiravalverde.blogspot.com.es/http:
ACTIVIDADES: http://seminariogalan.org/inicio/portada
DOCUMENTOS E ACTIVIDADES DO CEIP FRIAN TEIS: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipfrian/