Neste curso estreamos a radio no noso cole, e ... que mellor inauguración que facer un programa sobre a vida e obra de Luísa Villalta? Pois así foi, e para conmemorar o Día das Letras Galegas, o alumnado de Infantil e Primaria puxéronse diante dos micrófonos e, como verdadeiros profesionais elaboraron este programa. Foi unha gran experiencia e de seguro que detrás de este programa van vir moitos máis. Deixamos aquí o noso podcast para que poidades gozar do gran traballo feito.