Eres o visitante nº
viernes, 27 de septiembre de 2024
AS BIBLIOTECAS ESCOLARES SAEN A ESCENA
O cartaz que acompañará as bibliotecas escolares de Galicia neste curso "Representa unha obra teatral do poema de Xohana Torres "Eu tamén navegar", no que Penélope (da Odisea) deixa o tapiz que traballa e desfai e sae a vivir aventuras. Despois ao regreso remata o tapiz engadíndolle novos elementos da súa viaxe (o tapiz que hai detrás da nena que está a leer a obra teatral)" segundo indica a súa autora, a ilustradora e muralista Xoana Almar
PENÉLOPE
DECLARA o oráculo:
«QUE á banda do solpor é mar de mortos,
incerta, última luz, non terás medo.
QUE ramos de loureiro erguen rapazas.
QUE cor malva se decide o acio.
QUE acades disas patrias a vindima.
QUE amaine o vento, beberás o viño.
QUE sereas sen voz a vela embaten.
QUE un sumario de xerfa polos cons.”
Así falou Penélope:
“Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto novelo e tanta historia?
EU TAMÉN NAVEGAR.»
Torres, Xohana (1992). Tempo de ría. Espiral Maior
Unha imaxe enraizada no cartelismo galego que abre as portas a traballar o teatro en todas as súas variantes.
As nosas bibliotecas escolares saen a escena para ler, interpretar, radiar, escribir e gozar co TEATRO.
FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES (https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/)
martes, 24 de septiembre de 2024
Obradoiros 2024-2025
Este ano poñemos en marcha unha nova aventura... Comezamos obradoiros creativos internivel.
Unha vez por semana facemos...diversas actividades como horto, radio, experimentos, xogos de mesa, costura, primeiros auxilios, xogando coa lingua, argallando co inglés, atando a lingua e diversidade.
viernes, 20 de septiembre de 2024
jueves, 12 de septiembre de 2024
Suscribirse a:
Entradas (Atom)