jueves, 30 de enero de 2025

21DÍASCOGALEGOe+ Novo reto LUNS 3: "A nosa palabra galega favorita"

 

Para este reto, o venres 31 levaremos un papeliño de cores para a casa, no que debuxaremos e decoraremos unha palabra en galego que nos guste moito, moito. Se o precisamos, pedímoslle axuda á nosa familia. 
Traerémola ao cole o luns 3, e comezaremos a encher a escola de GALEGO, pegándoa nos corredores.

Curicuxa ten moitas palabras galegas favoritas...

Cal é a túa ??


21DÍASCOGALEGOe+ Primeiro reto en familia: Facemos unha receita en galego e moito máis


 Imos arrincar xa coas actividades de 21DÍAS, e esta farémola na casa  na procura de sabores da nosa lingua. Xa comeza febreiro, tempo de frío, no que o noso corpo nos pide comida quentiña e riquísimas sobremesas. Que vos parece elaborar unha sabororísima receita coa familia, falando e cociñando en galego? E se queredes, despois podedes compartir con nós algunha foto enviándoaa a este correo:


dinamizacioncordo@gmail.com





Bo apetito!!!


Ademais, podedes acceder á paxina oficial de 21 días, onde vos propoñen xogos e cantinelas para xogar en familia, tanto para infantil coma para Primaria. Fixádevos ben no PASAGALEGO DO MAGOSTO, de seguro que vedes caras coñecidas. 



Nas propostas do Segundo Ciclo estade atentas e atentos, que hai alumnado do Cordo!!













ARRINCAMOS CON 21DÍAS CO GALEGO e +

 

Mañá é o día!!! Vémonos na Praza de España para a inauguración de 21 DÍAS CO GALEGO e +.

Terá lugar a continuación da celebración dun acto para conmemorar o Día da Paz. 



Non faltedes!!







FALTAN 2 DÍAS PARA 21 DÍAS CO GALEGO e +

FALTAN 3 DÍAS PARA 21 DÍAS CO GALEGO e +

FALTAN 4 DÍAS PARA 21 DÍAS CO GALEGO e +

 

sábado, 25 de enero de 2025

AQUÍ ESTAMOS!!! O CORDO EN ACCIÓN: FALTAN 7 DÍAS PARA 21 DÍAS CO GALEGO E +


Quedan 7 díassss!!! Mirade que pregoeiro tan marabilloso temos no cole para anunciar a chegada da nosa aventura co galego.
Bravo, Dani! Bravo, alumnas e alumnos do Cordo Boullosa! Vós sodes o motor da nosa escola!

Parabéns polo voso entusiasmo!

martes, 21 de enero de 2025

XA SE ACHEGA UNHA NOVA AVENTURA: 21 DÍAS CO GALEGO!!

Comeza a conta atrás!!! Por fin, dentro de moi pouquiño viviremos unha gran aventura no cole, na que a protagonista será a nosa lingua: O GALEGO. 

 Este ano formamos parte do programa oficial dos 21 Días co galego e +, xunto con outros 9 colexios de toda Galicia. Que emoción!Aquí vos iremos contando tódalas actividades que iremos facendo: xogos, bailes, lecturas, teatro, e moito máis. 

Agardamos que toda a comunidade educativa participe nesta marabillosa aventura!


Aquí vos deixamos o vídeo do CPR Plurilingüe da Grande Obra de Atocha, na Coruña. 


viernes, 10 de enero de 2025

OBRADOIROS INTERNIVEIS

Aquí vos vai un brevísimo resumo das múltiples actividades coas que o noso alumnado aprendeu e puido divertirse a partes iguais nas sesións dos obradoiros interniveis no primeiro trimestre....neste segundo trimestre MÁIS E MELLOR!!!!