Este é un vídeo destinado especialmente ás familias no que nos explica a importancia de xogar cos nosos fillos para, ademais de fortalecer a nosa relación con eles, axudarlles a mellorar o seu vocabulario.
Miguel Gallardo fainos chegar unha visión das habilidades especiais que posúen nenas e nenos
con autismo. É o autor de"María y yo" e "El viaje de María", nos que narra a historia da súa filla, intentando dar a coñecer a realidade autista á sociedade.
Este vídeo preséntanos o que está acontecendo nas illas Midway no Océano Pacífico coa poboación de albatros. É incrible o efecto sobre o medio ambiente, a fauna e a flora, da contaminación, do consumismo e dunha actitude irresponsable sobre a xestión dos residuos.
Excelente curtametraxe realizada por Miguel Gallardo, pai dunha nena con autismo. Este traballo permite achegarnos ao mundo do autismo, axudándonos a entendelo mellor e a reflexionar sobre o mesmo.
Este verán haberá un curso de Banda Deseñada a cargo de Kiko da Silva destinado a nenos e nenas de 7 a 12 anos en Pontevedra.
Este é o enlace coa páxina para poder ver as características do curso (horario, lugar, datas, prezo,...): http://www.ogaraxehermetico.com/#!os-cursos
Tamén é bo sorrir un pouco agora que estamos tan atarefados co final de curso. Ollade este vídeo e veredes como se poden mesturar a música e a escritura:
Este martes visitounos o mago Cali. Realizou dúas actuacións, a primeira para o alumando de Ed. Infantil e a segunda para o de Ed. Primaria. Aqui podedes ver algunhas imaxes.
Para celebrar o día das letras galegas o equipo da biblioteca quixo entregar os premios aos mellores lectores, os "leóns". Contamos coa presenza do Alcalde para a entrega dos premios de redacción da festa da troita e tamén dos nosos premios.