Eres o visitante nº
domingo, 13 de diciembre de 2015
PADRIÑOS LECTORES DO NADAL
Non podían faltar, para seguir festexando estas datas de Nadal, a visita das nosas madriñas e padriños lectores que con moito agarimo leron un montón de historias de Nadal aos máis pequenos do cole, aquí vos vai un resumo en fotos desta visita!! En xaneiro volverán os padriños da Paz.
sábado, 12 de diciembre de 2015
TEMPO DE NADAL
Primeiro unha Panxoliña para entrar situación:
Dende a nosa biblioteca Curicuxa propón unha serie de actividades para aprender máis sobre o Nadal. Podedes clicar nestes enlaces que vos levarán a actividades e páxinas de información.
·
O Nadal noutras culturas.
(Coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística)
·
Glogster
con xogos de Nadal. (Aula TIC TERRA DE FERROL)
Tamén podedes escoitar a historia dos tres Reis Magos:Paco Nogueiras nos canta a historia do Apalpador
sábado, 5 de diciembre de 2015
miércoles, 2 de diciembre de 2015
A NOSA HOMENAXE A NEIRA VILAS
Tal como di O Carrabouxo, a mellor homenaxe a Neira Vilas é ler a súa obra.
No noso centro puidemos disfrutar da representación dunha das súas obras O Espantallo Amigo interpretada pola compañía "Os quinquilláns".
Para saber máis da obra de D. Xoxé Neira Vilas podedes clicar neste enlace que vos levará a unha actividade LIM (Libro Interactivo Multimedia) realizado polo profesorado do CEIP FRIAN TEIS.
Nel aprenderemos moito sobre a súa obra máis coñecida e traducida a outros idiomas: Memorias dun neno labrego.
VIDEO POLA IGUALDADE
Fantástico traballo do CEIP AREALONGA DE RUBIANS 1º PREMIO NACIONAL DE EDUCACIÓN.
"Que bonito é"
"Que bonito é"
domingo, 29 de noviembre de 2015
PARA SABER MÁIS DE D. XOSÉ NEIRA VILAS
O autor do libro máis traducido en língua galega, ademáis dun gran escritor foi un home moi comprometido ca nosa língua. Nos Encontros de Coordinadores de Bibliotecas Escolares de Galiza, afirmou, que máis importante que Memorias dun neno labrego fose o máis lido ou que persoas de diferentes países se interesasen por este libro ou polo seu autor, é que persoas de moitos países coñezan que neste recuncho do noroeste peninsular hai un país que conta cunha fala de seu e cunha cultura de seu. Esta frase marca en gran medida o seu pensamento.
Grazas.
Aquí podedes consutar moitos datos sobre a súa biografía e obra pero, asegúrovos que o máis interesante é escoitalo. Se tedes uns minutos dedicádeos a escoitar a este gran autor e loitador da nosa lingua e cultura.
FUNDACIÓN XOSÉ NEIRA VILAS.
PREMIOS E RECOÑECEMENTOS.
NEIRA VILAS FALA DAS TRADUCIÓNS DE MEMORIAS DUN NENO LABREGO.
Grazas.
Aquí podedes consutar moitos datos sobre a súa biografía e obra pero, asegúrovos que o máis interesante é escoitalo. Se tedes uns minutos dedicádeos a escoitar a este gran autor e loitador da nosa lingua e cultura.
FUNDACIÓN XOSÉ NEIRA VILAS.
PREMIOS E RECOÑECEMENTOS.
NEIRA VILAS FALA DAS TRADUCIÓNS DE MEMORIAS DUN NENO LABREGO.
NEIRA VILAS
O pai de Balbino, ese persoaxe no que moitos galegos se sentiron identificados, finou o venres 27. Sempre estará conosco a través da súa obra e dos seus persoaxes.
Dende o IESP Xosé Neira Vilas elaboraron este fantástico traballo.
Aqui podedes escoitar unhas palabras de Xosé Neira Vilas falando da importancia da publicación de libros en língua galega:
Esta foi a intevención de Neira Vilas nos Encontros de Bibliotecas Escolares. Eu estiven presente nese encontro e vos podo asegurar que foi unha das actividades de formación máis proveitosa ás que asistín nos meus anos como docente. Grazas. CLICADE AQUÍ PARA VELO VÍDEO
Dende o IESP Xosé Neira Vilas elaboraron este fantástico traballo.
Aqui podedes escoitar unhas palabras de Xosé Neira Vilas falando da importancia da publicación de libros en língua galega:
Esta foi a intevención de Neira Vilas nos Encontros de Bibliotecas Escolares. Eu estiven presente nese encontro e vos podo asegurar que foi unha das actividades de formación máis proveitosa ás que asistín nos meus anos como docente. Grazas. CLICADE AQUÍ PARA VELO VÍDEO
jueves, 26 de noviembre de 2015
UNS CURICONSELLOS PARA FACER LECTORES
Aquí tedes uns curiconsellos para facer lectores.
Podedes topar más información nas seguintes páxinas web:
www.educapeques.com
miércoles, 25 de noviembre de 2015
25 DE NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
Hoxe é 25 de Novembro un día no que tristemente debemos clamar contra a violencia que se exerce contra as mulleres, polo mero feito de selo. Son moitas as palabras que podemos dicir e que de feito se din nestes días, pero quizais o máis importante son os feitos que debemos levar a cabo todos os que nun momento dado poidamos ser testigos desa violencia. Arropar ás víctimas e condenar aos culplables é imprescindible, pero neste momento, e dados os terribles casos que se estan a producir, todos os que calan, os que sendo testigos non actúan, tristemente convírtense en cómplices.
Neste vídeo podemos aprender o por qué desta data e en memoria de quen foi escollida:
viernes, 13 de noviembre de 2015
INDO PARA O SAMAÍN
Estes días estivemos traballando o Samaín no noso cole. O alumnado de 6º de ED. PRIMARIA preparou este traballo que agardo que vos guste.
miércoles, 4 de noviembre de 2015
SAMAÍN NO COLE
Celebramos o Samaín un ano máis. Aquí podedes ver imaxes das actividades que levamos a cabo:
SAMAÍN from curicuxa on Vimeo.
- Taller de galletas/araña
- Degustación de postres da tempada.
- Festa de disfraces de Samaín.
- Contacontos......
SAMAÍN from curicuxa on Vimeo.
miércoles, 28 de octubre de 2015
PADRIÑOS LECTORES DO SAMAÍN
Esta semana chegaron as madriñas e padriños lectores por primeira vez neste novo curso, para contarlles aos pequenos do cole os contos máis terroríficos nesta semana de festexos do samaín.
Aquí vos vai un pequeno resumo.
Aquí vos vai un pequeno resumo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
