Esta semana comezaron a súa andaina as maletas viaxeiras. É unha actividade que iniciamos no curso 2009-10 e dada a boa acollida da iniciativa o equipo da bibliteca pon en marcha seis mochilas, tres para cada etapa. Pasando de dúas a seis, buscamos conseguir que todo o alumnado poda levar unha mochila cando menos unha vez. O contido das mochilas é variado e adaptado as diferentes idades ás que vai destinada. A nosa intención é fomentala lectura en familia. Ler xuntos, e lerlles. Esta referencia lectora é moi importante para eles, non só en canto ao hábito de ler ou a dicción senón que podan percibir a lectura coma unha actividade gratificante, portadora de lecer e unida a un agradable momento familiar. A lectura non debe estar asociada únicamente á escola, ás tareas e ao estudo. Esto convirtea nunha pesada actividade. E moito menos usada como castigo ante un mal comportamento.
Outra novidade deste curso é a inclusión na maleta dun caderno de viaxe, no que cada familia poda incluir algún comentario sobre a actividade, suxerencias, comentarios sobre o contido da maleta, o que máis lles gustou e o que menos, así como algún debuxo. Para nós é moi importante contar coa vosa opinión dado que nos aporta ideas e unha especie de avaliaición da acollida da iniciativa.