Deixounos un dos máis importantes directores de cine español. Luis García Berlanga amosounos cun humor cheo de retranca os momentos máis duros da posguerra española a través de películas como "Bienvenido Mr. Marshall" (1953) ou "Calabuch"(1956); incluso nos anos posteriores tivo que amosar unha gran habilidade para esquivar a unha dura censura por parte da dictadura en películas como "Plácido" (1961) ou "El Verdugo"(1963).
Recentemente deixounos este vídeo no que colabora cunha campaña de Médicos sen Fronteiras na loita contra as enfermidades esquecidas no mundo.