martes, 21 de diciembre de 2010

UNHA ESTADÍSTICA DA NOSA BIBLIOTECA

    Coa chegada das vacacións do Nadal, tal e como facemos sempre, aproveitamos para recoller tódolos libros emprestados e facer balance das actividades da biblioteca.
  
  Quedamos gratamente sorprendidos cando, ao facer o reconto dos préstamos realizados neste primeiro trimestre, comprobamos que se tiñan feito  ¡ 1169 préstamos neste primeiro trimestre !  Tendo en conta que no noso centro están matriculados algo menos de 300 alumnos e alumnas, case que se da unha media de catro libros por alumno/a. Eso sin ter en conta ao alumnado que levou ás maletas viaxeiras, que por certo tan boa acollida tivo neste curso (máis de 60 alumn@s leváronnas ás súas casas). De feito á volta do Nadal comezarán a viaxar tres novas maletas, aínda que neste caso serán mochilas. Tamén quero aproveitar para agradecer a todos as vosas aportacións nos diarios das maletas viaxeiras.
  
  Estes datos supoñen para nós un importante pulo para seguir co traballo da biblioteca. Grazas a todo equipo da biblioteca, aos colaboradores e a toda a comunidade escolar que dalgunha forma colaboráchedes con nós no fomento da lectura.

    Aquí tedes a lista dos libros máis emprestados neste trimestre:

- La fiesta de cumpleaños de Franklin.
- La momia sin nombre.
- Un detective en el museo.
- Kika superbruxa e a cidade asolagada.
- El tesoro perdido de la cueva del dragón.
- El congreso de los ratones.
- Depredadores.
- El espacio.
- Insectos y arañas.
- ¡Navega, caracol!