A semana pasada participamos no programa "A SEMANA DA FROITA", polo que as merendas das nenas e nenos da escola foron moi saudables, compostas principalmente por este alimento tan nutritivo e cheo de vitaminas.
Por este motivo unha amiga nosa, Heather, ofreceuse a vir ao colexio a contarlles as nenas e nenos de 1º e 3º un fantástico conto inglés; "The very hungry caterpillar". A protagonista deste conto, unha eiruga moi larpeira, énchese a comer froita ata se convertir nunha fermosa bolboreta.
Animámosvos a que o leades, ás nenas e nenos que escoitaron a Heather gustoulles moito, e tamén lles axudou a repasar os días da semana e o nome dalgunhas froitas en inglés.
THANK YOU SO MUCH, HEATHER!!!