sábado, 26 de enero de 2013

FINA CASALDERREY NA REAL ACADEMIA GALEGA


A escritora FINA CASALDERREY autora de obras de Literatura Infantil e Xuvenil como Nolo e os Ladróns de Leña que moito do noso alumnado coñece por figurar entre os títulos incluídos no itinerario lector como "Ás de mosca para Anxo" ou  "O misterio dos fillos de lúa", obras todas elas maravillosas non so polo seu xeito de escribir senon pola temática e o achegamento dende a tenrura a situacións dramáticas pero reais.
Visitou a nosa escola e disfrutamos da súa proximidade e cómo nos contaba anécdotas da súa infancia. Cando rematou a charla moitos nenos e nenas querían facerlle preguntas ou pedirlle que lles dedicase o libro e atendeu a todos cun enorme cariño. 
Con ela a RAG gaña a unha gran escritora e tamén a unha  extraordinaria persoa e supón un recoñecemento á chamada literatura infantil e xuvenil.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...