Os nenos e nenas do CEIP Manuel Cordo Boullosa, do CEIP A Reigosa e do IES de Ponte Caldelas exporán algúns dos seus traballos na Biblioteca Municipal do Concello de Ponte Caldelas a partir do próximo día 23 de Abril, dentro das actividades a realizar no día do libro. Convidamos a todos a visitala.
Para nós é moi importante dar a coñecer os traballos feitos polo noso alumnado. Reivindicamos aos novos lectores e escritores e agradecemos a colaboración do Concello de Ponte Caldelas polo interés amosado ante a nosa inicitiva. Grazas Ana.
A frase de Concepción Arenal "Abrid escuelas y se cerrarán cárceles" podémola modificar un pouco e dicir: "Abride Bibliotecas e pecharanse cárceres". Xa que a actual Casa da Cultura do Concello foi no seu tempo cárcere, cuartel da Garda Civil e Xulgado.