Co comezo do novo curso voltamos ás aulas e tamén á biblioteca. Lembramos moitas cousas, pero outras quedaron esquencidas despois do verán (como a táboa de multiplicar, por exemplo).
Para recordar as normas da biblioteca, como facer o préstamo e a devolución dos libros, cd´s e dvd´s, organizamos unha visita de tódolos cursos á biblio. Tamén preparamos un xogo no que podemos aplicar o que aprendimos durante a visita sobre a colocación dos libros, as seccións,....