Adicamos unha semana a celebrar a tradición oral.
Todos os que somos "maiores" lembramos as historias que nos contaban as nosas avoas e avós cando eramos nenos. É moi importante que conservemos estas historias e os coñecementos dos nosos maiores e o mellor xeito de conservalos e transmitilos aos nosos fillos e netos.
Estas fantásticas avoas adicaron o seu tempo e esforzo a contarnos historias sobre a horta e como se traballaba no campo cando eran nenas. Todo o alumnado do noso cole puido escoitalas. Moitas graza a: Digna, Canducha, Guillerma, Mariló, Mari Carmen e Rosa.