viernes, 20 de febrero de 2015

COMEZA O CLUBE DE LECTURA



 O equipo da biblioteca e o de dinamización lingüística do noso centro queren volver por en marcha o club de lectura. Está dirixido a nais, pais, avós, avoas e profesorado. O obxectivo neste curso é dar a coñecer a "literatura infantil" entre os adultos de cara a que poidamos crar hábitos lectores entre os nosos nenos e nenas, así como recomendarlles títulos axeitados para eles.
O primeiro título que propomos é "Ojo de nube" de Ricardo Gómez.
Quedades todos/as invitados/as a participar nel. A primeira reunión será o vindeiro martes 24 de febreiro ás 16:10 horas na biblioteca do centro. Nela presentaremos os obxectivos do club e os títulos a ler.





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...