domingo, 21 de abril de 2019

Construimos un canastro no 1° CIclo



 Dentro da arquitectura popular galega temos unha construcción que é moi recoñecida e que está espallada por toda a xeografía do noso país. Ten moitos nomes: hórreo, canastro, piorno... etc. E tamén tivo e segue tendo unha importante función no mundo rural. Para explicarnos isto, e moito máis, tivemos con nós a Vanesa, a mamá de Nerea de 1º B. Trouxo ao cole un marabilloso canastro en pezas, que as nenas e nenos montaron seguindo as instruccións dun plano coma se de verdadeiros arquitectos e arquitectas se trataran. Moitísimas grazas a toda a familia pola implicación sempre amosan en todos os proxectos do cole.