Grazas a Anpa poidemos facer unha interesante visita ao invernadoiro de Cáritas. Trátase dun horto ecolóxico, no que se mesturan varios cultivos, aproveitando a auga dunha mina cercana, e o traballo voluntario de varias persoas da vila.Unha destas persoas é Xosé, quen xunto con Vanessa, se encargou de servirnos de guía, explicándonos como cultivan sen usar pesticidas nin sustancias dañinas para o medio ambiente, como aproveitan os residuos orgánicos para facer compost, ou como atraen ou repelen a algúns insectos por medio de plantas.
Tamén visitamos un pequeno invernadoiro onde había sementeiras, e chamóunos moito a atención un estanque con rás.
De volta ao colexio Vanessa explicounos como sementar. Agora temos varias plantas medrando no cole, que logo levaremos ao invernadoiro.
Foi unha mañá fantástica!!