jueves, 10 de febrero de 2022

11 FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

A ONU no ano 2015 declarou o 11 de febreiro coma o "Día internacional da muller e a nena na ciencia". 

 Os principios que se defenden neste día serían: 

  •  As mulleres e as nenas desempeñan un papel fundamental na ciencia e na tecnoloxía, e a súa participación debe fortalecerse. 

 

  •  É necesario seguir visualizando e difundindo o traballo das científicas e fomentar a vocación investigadora das nenas. 

 

  • Hai que seguir poñendo en valor o traballo das mulleres científicas, mostrándoas como referentes para as novas xeracións de mozas. 

 

  • É preciso lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, acadando a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas neste ámbito.

 

  • Hai que manter a loita contra os prexuízos e os estereotipos de xénero na ciencia e a tecnoloxía que condicionan e limitan os estudos das nenas. 

 

  • Débese seguir avanzando na incorporación efectiva dos criterios de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no sistema galego de ciencia, tecnoloxía e innovación para conseguir un verdadeiro cambio de paradigma no mundo científico.                              (Unidade da Muller e Ciencia da Xunta de Galicia)