viernes, 4 de marzo de 2022

UN ENTROIDO MOI MUSICAL

As nenas, nenos e profesorado do cole celebramos o Entroido con moitas ganas. Primeiro, lemos unhas coplas nas que lle pedimos á nosa mascota Curicuxa que, coa axuda da súa máquina destrutora, puidera facer desaparecer do mundo: o maltrato animal, o racismo, o machismo, a violencia, o egoismo, as guerras ... Aínda que somos nenas e nenos e cremos na maxia da nosa mascota,  sabemos que é moi difícil que a máquina de Curicuxa poida desfacerse de todo iso, pero esforzarémonos por convertirnos en boas persoas no futuro, e quizais poidamos mudar as cousas... Ogallá!!!

E, para rematar, fixemos un baile moi divertido (co fantástico coreógrafo, Chito) para espallar a nosa ledicia ata máis aló da vila de Ponte Caldelas.