Hoxe 19 de outubro celebramos o Día das
Escritoras, unha oportunidade para achegarnos ás mulleres que, a través das
súas palabras, fixeronnos soñar, sentir, imaxinar e descubrir novos mundos.
Este ano quixemos unir esta celebración ao noso PDI, dedicado ás artes. Porque as palabras tamén se pintan, se bailan, se fotografan, se interpretan e se convirten en música. Celebramos ás mulleres que escriben e todas as formas de arte que nos axudan a contar historias, dedicando uns minutiños a ler e a pensar que transmiten esas mensaxes para despois, transformalas nunha pequena creación relacionada cunha arte: un debuxo, unha fotografía, un movemento, unha pequena escena teatral, un ritmo musical… Deixando voar a imaxinación!
Velaquí o resultado!!!
Pero ademais, o alumnado de 2ºB engadiu á conmemoración esta marabilla de podcast:
https://www.ivoox.com/player_ej_182438991_6_1.html?c1=94c4cc
Se queredes esta actividade, non tedes máis que acceder ao enlace:
https://drive.google.com/file/d/169MLkS6N0ihQL0w_JSgrMjPllhehf6EO/view?usp=drive_link
