Hoxe 5 de xuño conmemórase o Día Mundial Do Medio Ambiente e o alumnado de 1ºB de primaria aproveitou a ocasión para grabar esta marabilla de canción na nosa radio!!!!!
Desfrutade!!!
Blogue da biblioteca escolar co CEIP Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas.
Hoxe 5 de xuño conmemórase o Día Mundial Do Medio Ambiente e o alumnado de 1ºB de primaria aproveitou a ocasión para grabar esta marabilla de canción na nosa radio!!!!!
Desfrutade!!!
Neste artigo da nosa revista escolar podedes ver a cantidade de cousiñas que fixemos ao longo do curso dende Ondiñas no Cordo!!!
Como ben sendo habitual, dende a nosa biblioteca promovemos a realización de clubs de lectura en diferentes modalidades; e no segundo e terceiro trimestre non ía ser diferente e aquí deixamos boa constancia do divertido que poden ser as nosas lecturas!!!!
Aquí vos presentamos con moito orgullo o fantástico traballo elaborado polo alumnado de 6º que acaba de recibir o 1º premio no concurso da Deputación de Pontevedra, "A viaxe de Gotiña" promovido para sensibilizar ao alumnado sobre a importancia de manter e conservar as traídas de augas veciñais que existen nas zonas rurais da provincia, así como para que coñeceran o ciclo desa auga.
Participaron na categoría de cómic e velaí tedes o gran resultado que os levou a alzarse con 1º premio!!!
Este ano ademais de adicarlle ás letras Galegas os nosos 21 días en Galego, a conmemoración desta data non queda aquí, se non que tamén temos unha entrevista moi especial, a que o alumnado de 5º preparou para a súa irmá Bea Caamaño, a través da cal achegámonos un pouco máis á nosa homenaxeada Begoña Caamaño.
Non vola perdades!!!!!!