Neste enlace podedes topar xogos do tipo de test para repasar contidos de Lengua e Coñecemento do medio. Vale a pena velo: http://www.testeando.es/
Engadino tamén como enlace de interés no lateral esquerdo do blog.
Eres o visitante nº
domingo, 27 de noviembre de 2011
viernes, 25 de noviembre de 2011
UN VIDEO PARA PENSAR O 25 DE NOVEMBRO
Si o vemos con atención seguro que sacaremos grandes conclusións:
UNHA GRAN IDEA. DAME VIDA.
Por 15 minutos de xogo temos enerxía positiva, escoita a HUECCO:
jueves, 24 de noviembre de 2011
UNHA BIBLIOTECA COMA A NOSA. BUBISHER.
Esto si é ser bibliotecario :
lunes, 21 de noviembre de 2011
Temos un novo LIM (Libro Interactivo Multimedia) para xogar e aprender
As Profes Mili e Chus crearon un novo LIM para xogar e aprender moito sobre as froitas. Aquí o tedes:
miércoles, 16 de noviembre de 2011
UN LIM (Libro Interactivo Multimedia) sobre o CORPO HUMANO
A profe Carmen de Ed. Infantil preparounos un LIM sobre o corpo humano para poder aprender as súas partes, especialmente da cara e os órganos dos sentidos.
GRAZAS PROFE CARMEN
GRAZAS PROFE CARMEN
Xa temos gañadores do concurso de contos do Samaín
Grazas a todos por participar. Foi moi difícil escoller a tres gañadores, xa que foron moitas e moi boas as historias do Samaín que nos entregáchedes. Entre elas as tres seleccionadas foron:
. Unha noite de treboada. Autor: Iago Ventín Amoedo.
. Misterio no bosque. Autor: Joaquín Solla Vázquez.
. Terror no colexio. Autor: Manuel Estévez Murado.
As súas historias podedes lelas no blog no apartado adicado aos nosos escritores (ao final das novas).
. Unha noite de treboada. Autor: Iago Ventín Amoedo.
. Misterio no bosque. Autor: Joaquín Solla Vázquez.
. Terror no colexio. Autor: Manuel Estévez Murado.
As súas historias podedes lelas no blog no apartado adicado aos nosos escritores (ao final das novas).
| Iago Ventín Amoedo |
| Joaquín Solla Vázquez |
| Manuel Estévez Murado |
martes, 8 de noviembre de 2011
POEMAS DO SAMAÍN
Os/as alumnos/as de sexto fixeron uns poemas sobre o Samaín. Vale a pena velos, pero lembrade que podedes lelos na biblioteca do cole:
A profe Mili cos seus nenos tamén preparou un conto sobre o samaín
A profe Carmen cos seus alumnos/as tamén nos regala esta historia da Pantasma Pillabana:
A profe Mili cos seus nenos tamén preparou un conto sobre o samaín
A profe Carmen cos seus alumnos/as tamén nos regala esta historia da Pantasma Pillabana:
jueves, 20 de octubre de 2011
O SAMAÍN
Ademáis do concurso, da información e dalgún LIM tamén podemos escoitar cancións do SAMAÍN que seguron vos van gustar moito:
Tamén podemos escoitar esta canción do conto "Corre Corre Cabaciña"
martes, 18 de octubre de 2011
1º Concurso de contos sobre o SAMAÍN
1º CONCURSO DE CONTOS DO SAMAÍN
Ola son CURICUXA:
O equipo da Biblioteca convoca un concurso de contos de cara á celebración do SAMAÍN. O tema dos contos será “o medo, as supersticións, as bruxas, as pantasmas,…”
Poderá participar todo o alumnado do cole en dúas modalidades:
- Ed. Infantil e 1º Ciclo de Ed. Primaria: participará elaborando un conto por aula en formato A 3.
- 2º e 3º Ciclo de Ed. Primaria: a participación será a nivel individual. Cada alumna/o poderá entregar un conto en formato A 4 cunha extensión máxima de dous folios nos que se pode incluír unha ilustración. O texto terá deberá ser en lingua galega.
Os traballos entregaránse aos respectivos titores antes do 29 de Outubro.
As historias gañadoras serán publicadas no blog da biblioteca. Entregaranse os seguintes premios:
- Primeira categoría (Ed. Infantil e 1º Ciclo de Ed. Primaria) : un primeiro premio.
- Segunda categoría (2º e 3º Ciclo de Ed. Primaria): tres premios a determinar (SORPRESA)
(Grazas á Escola de Casalonga do CRA DE TEO polo seu LIM do OUTONO E SAMAÍN)
miércoles, 5 de octubre de 2011
PROMOCIÓN DA ESCOLA PÚBLICA
Nos tamén queremos facer promoción da escola pública, da nosa escola, de todos.
lunes, 3 de octubre de 2011
CHEGA O OUTONO
Aínda que non o pareza, xa chegou o outono. Comezaron a caer as follas das árbores, xa podemos recoller castañas,..
Aquí tedes unha canción de Emilio Cao baseada nun poema de Uxío Novoneyra.Este poema tamén nos fala do outono:
VEN ONDA NÓS O OUTONO
DACABALO DO AIRE;
NOS CAMIÑOS DA FRAGA
OS OURIZOS XA ABREN.
SÍNTOO CHEGAR CONTENTO
DA ETERNA VIAXE
ENREDANDO ENTRE AS FOLLAS
ESTREANDO FRIAXE.
ANA Mª FERNÁNDEZ.”Ondas de verde e azul”
OS FROITOS DO OUTONO
Mirade unha reportaxe sobre o esquío.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
