viernes, 9 de marzo de 2012

DIA DA MULLER

Con retraso pero com moito agradecemento quero que vexades este fantástico traballo que realizaron no CEIP de Cespón en Boiro (clica na palabra resaltada).
O traballo das mulleres durante demasiado tempo permaneceu oculto detrás da expresión "os seus labores". Incluso o traballo que realizaban "fóra da casa", non contaba coa mesma consideración que o realizado polos homes. Aqui tedes un gran traballo sobre a loita dun grupo de mulleres para facer valer os seus dereitos.
Aproveito para lembrar que cando falamos dos grandes persoaxes da historia, daqueles que fixeron e provocaron grandes cambios, sería convinte que non os buscáramos sempre nos libros (Rosa Parks, Indhira Ghandi, Clara Campoamor...), podémolos topar máis cerca de nós do que credes. 

lunes, 5 de marzo de 2012

Os Padriños Lectores léronnos historias da Paz

Con moito atraso subimos as fotos dos Padriños Lectores de Xaneiro. Adicamos a semana da Paz a ler unha selección de títulos relacionados co día da paz.

Os Padriños Lectores lennos historias da PAZ on PhotoPeach

viernes, 2 de marzo de 2012

BATIDOS NO COLE

As nenas e nenos de Ed. Infantil hoxe no cole de xeito cooperativo elaboraron un riquísimo e nutritivo almorzo: BATIDOS DE FROITAS

ESTA É A NOSA RECEITA
Ingredientes:
  • Leite.
  • Iogures naturais sen azucre.
  • Nata líquida para montar.
  • Azucre.
  • Plátanos ou amorodos.
Elaboración:
  1. Lavar as mans, a froita e/ou pelala.
  2. Cortar en anacos pequenos a froita.
  3. Mesturar, nun recipiente a froita cos iogures.
  4. Batir. 
  5. Engadir pouco a pouco o leite e a nata. Mesturar buscando o punto de consistencia.
  6. Engadir azucre ó gusto e continuar mesturando.
  7. SERVIR E DISFRUTAR.

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL FIXEMOS UNS BATIDOS RIQUÍSIMOS on PhotoPeach








lunes, 13 de febrero de 2012

O ENTROIDO

    Chega o tempo do Entroido. Agardo que despois de ler esto saibamos algo máis desta festa.

 En Galiza celébrase o Entroido de moitas formas diferentes. Existen tradicións moi antigas como a dos Peliqueiros de Laza, as Pantallas de Xinzo, os Cigarróns de Verín, os Boteiros de Vilariño de Conso, os Xenerais do Deza e do Ulla, os Mecos de Froxás das Viñas, as Madamitas e Madamitos de Cangas e Vilaboa,.....
Ademáis dos disfraces e das festas, tamén é tempo de boas comidas como o Lacón, o Cocido e de postres riquísimos coma as filloas, as flores, as orellas,....

A palabra carnaval tomouse do concepto cristián (validez da carne ante a Cuaresma) da festa. Así, partindo desta idea fórmanse dous grupos o das Carnestolendas (tempo de ayuno da carne) e o do Entroido (entrada, tempo previo á Cuaresma no que estaba permitido o consumo da carne).
O termo Carnestolendas aparece mencionado polos mozárabes e polos cortesáns casteláns no século XIII. En Cataluña a palabra derivou en Carnestoltes. No século XIV úsase o termo "carnal"  que deriva ao longo do XVI cara ao termo carnaval de procedencia italiana ("carnavale").
A forma Entroido é unha forma medieval  que pervive en Galicia, Asturias (Antroxo), en partes de León e de Zamora (Antroido) así como en Portugal (Entrudo).
A ORIXE DA FESTA:
Parece claro que sen a existencia da Cuaresma, o Entroido no tería perdurado ao longo dos séculos. Pero a existencia dun carácter cristián non quita que perviviran moitas manifestacións e festas de orixe pagano.
Son moitas as teorías acerca das posibles orixes do Entroido, pero unha delas hai que topala nas festas Lupercales e Saturnalias romanas. Estas festas fusiónanse con outras máis arcaicas pervivindo ata a Idade Media, época na que reciben un forte sentido cristián. Estas tradicións nas que se mantiveron as festas romanas e os deuses paganos, xa degradados a demos polo cristianismo, gozaban de gran sona e vitalidade.
A cultura popular era poderosa, mentres a oficial e a relixiosa era moito máis feble, polo que con fins case propagandísticos a igrexa facía coincidir as súas festas coas paganas coa finalidade de cristianizalas.
O SIGNIFICADO DO ENTROIDO:
Son moitas as formas de romper co orden social durante estes días: vestir máscaras e disfraces,  botar cinza ou fariña aos veciños cando pasean polas rúas, gastar bromas,... Así durante uns días todo cambia, permítense cousas que non o están o resto do ano.  Así incluso a crítica social en forma de parodia ou de burla, son tamén formas de ridiculizar feitos cotiás, acontecementos e/ou personaxes destacados.
Entroidos moi sonados no mundo son o de Río, Venecia, Nova Orleáns, Tenerife, Cádiz, Notting Hill en Londres,...




lunes, 6 de febrero de 2012

Charles Dickiens

O próximo día 7 de febreiro cumpriranse os 200 anos do nacemento de Charles Dickens. Este extraordinario escritor británico acadou gran fama coa publicación de "Oliver Twist", obra na que denunciaba as grandes desigualdades dunha sociedade que comezaba a enriquecerse coa industrialización. Outras das súas obras nas que queda patente esta denuncia social son: "David Copperfield", "Tempos difíciles" ou "Un conto de Nadal" entre outras.








viernes, 27 de enero de 2012

Gracias Ana por este fantástico agasallo

A biblioteca municipal do Concello de Ponte Caldelas regalounos un lote estupendo de libros.
 MOITAS GRAZAS

GRAZAS ANA POR ESTE AGASALLO on PhotoPeach

jueves, 26 de enero de 2012

PADRIÑOS LECTORES

Aqui podedes ver unha presentación coas fotos dos padriños lectores:



PADRIÑOS LECTORES DECEMBRO on PhotoPeach




E estes son os padriños de Novembro

Padriños lectores novembro 2011 on PhotoPeach