Este martes visitounos o mago Cali. Realizou dúas actuacións, a primeira para o alumando de Ed. Infantil e a segunda para o de Ed. Primaria. Aqui podedes ver algunhas imaxes.
Eres o visitante nº
viernes, 8 de junio de 2012
viernes, 1 de junio de 2012
PREMIOS "LEONS"
Para celebrar o día das letras galegas o equipo da biblioteca quixo entregar os premios aos mellores lectores, os "leóns". Contamos coa presenza do Alcalde para a entrega dos premios de redacción da festa da troita e tamén dos nosos premios.
jueves, 31 de mayo de 2012
THE VERY HUNGRY CATERPILLAR
A semana pasada participamos no programa "A SEMANA DA FROITA", polo que as merendas das nenas e nenos da escola foron moi saudables, compostas principalmente por este alimento tan nutritivo e cheo de vitaminas.
Por este motivo unha amiga nosa, Heather, ofreceuse a vir ao colexio a contarlles as nenas e nenos de 1º e 3º un fantástico conto inglés; "The very hungry caterpillar". A protagonista deste conto, unha eiruga moi larpeira, énchese a comer froita ata se convertir nunha fermosa bolboreta.
Animámosvos a que o leades, ás nenas e nenos que escoitaron a Heather gustoulles moito, e tamén lles axudou a repasar os días da semana e o nome dalgunhas froitas en inglés.
THANK YOU SO MUCH, HEATHER!!!
viernes, 25 de mayo de 2012
O DEREITO A IDENTIDADE
A profe Chus envíanos este vídeo sobre o dereito á identidade. Grazas profe.
miércoles, 23 de mayo de 2012
Agardo que vos guste este Power Point.
As nenas e nenos de 6º realizaron esta magnífica adaptación dun dos contos do libro "Cuentos en verso para niños perversos" de Roal Dahl. Preparamos este Power Point e, despois de moitas voltas, conseguimos "colgalo" no blog.
View more presentations or Upload your own.
martes, 15 de mayo de 2012
domingo, 13 de mayo de 2012
VALENTÍN PAZ ANDRADE
Este ano dedicáse o día das letras galegas a Valentín Paz Andrade. Para aprender máis sobre el e a súa vida e obra podedes traballar con este LIM (Libro Interactivo Multimedia) grazas ao traballo realizado realizado polo CEIP Condesa de Fenosa de O Barco en Ourense.
Grazas aos rapaces e rapazas do CPI dos Dices (Rois, A Coruña) por este traballo de reporteiros sobre a figura de Paz Andrade.
No CEIP Mestre Valverde Mayo de Mos (Pontevedra) tamén creou un LIM de cara ao día das Letras Galegas.
O IES San Paio de Tui creou esta liña do tempo para coñecer mellor a vida e obra de Valentín Paz Andrade.
LIÑA DO TEMPO
E para despedir o artigo escoitade e mirade este traballo boísimo do CPI A Saleta:
Grazas aos rapaces e rapazas do CPI dos Dices (Rois, A Coruña) por este traballo de reporteiros sobre a figura de Paz Andrade.
No CEIP Mestre Valverde Mayo de Mos (Pontevedra) tamén creou un LIM de cara ao día das Letras Galegas.
O IES San Paio de Tui creou esta liña do tempo para coñecer mellor a vida e obra de Valentín Paz Andrade.
LIÑA DO TEMPO
E para despedir o artigo escoitade e mirade este traballo boísimo do CPI A Saleta:
miércoles, 9 de mayo de 2012
A audioteca de Curicuxa
Xa contabamos con fondos para escoitar música, pero agora contamos cunha pequena "audioteca", un recanto onde escoitar música.
martes, 8 de mayo de 2012
lunes, 7 de mayo de 2012
Mural sobre a reciclaxe
Os nenos e nenas de 1º prepararon este mural sobre a reciclaxe usando textos de Pepe Carreiro do libro Os Bolechas "que se bota no contedor amarelo". É un mural interactivo no que podedes escoitar as súas voces e ver algún video.
jueves, 3 de mayo de 2012
LIBRO LIM SOBRE OS SENTIDOS
A profe Chus de 3º preparou un fantástico LIM sobre os sentidos. Tamén o podedes ver na blogue do 2º Ciclo e na web do cole.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)