Hai outras formas de violencia contra as mulleres ás que debemos prestar atención. A empresa de cosméticos que comercializa DOVE publicou este anuncio no que nos advirte da sutil forma de violencia que supón o sometemento a uns patróns de beleza.
Ou este outro:
DEBEMOS CAMBIAR
AUTOVALORACIÓN E RESPETO SON PALABRAS CUN SIGNIFICADO;
Eres o visitante nº
lunes, 26 de noviembre de 2012
OUTRAS FORMAS DE VIOLENCIA
domingo, 25 de noviembre de 2012
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O 25 de Novembro lembramos a importancia de loitar contra a violencia de xénero todo o ano.
Centros educativos de toda Galicia como o CEIP DE FRIAN TEIS ou blogues de Bibliotecas escolares como TRAFEGANDO RONSEIS colaboran contra esta lacra da nosa sociedad. GRAZAS POLOS VOSOS TRABALLOS.
Aquí podedes ver algús traballos:
jueves, 22 de noviembre de 2012
OS MAMÍFEROS
As nenas e nenos de 2º fixemos este mural sobre os mamíferos:
E fixémolos así:
domingo, 11 de noviembre de 2012
O MAGOSTO
O
magosto realizábase tradicionalmente o 1º de
novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas,
atrasouse ata o día 11, san
Martiño. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda
quincena de outubro e a primeira de novembro,
converténdose, xunto co SAMAIN nas festas do outono por excelencia, e a ela, ademais das castañas tamén se incorporan diversos
alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do
porco coincidentes
con estas datas.
Celebrábase tradicionalmente nun claro do
mesmo souto, comezando a primeira hora da tarde coa recollida de leña e
castañas. Facíase unha ou varias fogueiras con paus e frouma para conseguir
brasas dabondo para asar as castañas. Aínda que había que picar (ou sinalar)
as castañas antes de botalas nas brasas, non faltaba quen botaba algunha
enteira, para que estoupase. Por fin, no remate da festa, os máis rapaces
xogaban a tiznarse coas mans cheas de feluxe mentres que mozos e adultos
cantaban e bailaban.
![]() |
| A CASTAÑA |
lunes, 5 de noviembre de 2012
martes, 30 de octubre de 2012
O SAMAÍN E O HALLOWEEN
O Samaín é unha festa moi especial. Nela podemos disfrutar de moi boas larpeiradas, de xogos e disfraces. Aínda que algúns pasen un pouco de medo.
Na nosa Biblio levamos a cabo unha exposición cos títulos relacionados con esta data. Ademáis decoramos a exposición con motivos propios do Samaín. Espero que vos guste.
Aquí tedes unha historia de medo...
E outra máis....
Esta é a última
No CEIP A Pedra fixeron este LIM sobre esta festa. Grazas por compartilo.
Agradecer ao C.E.E. de Ferrol Terra o traballo feito de recopilación de actividades relacionadas co Samaín e o Halloween. Así como ao CEIP Saco e Arce de Toén pola súa recopilación de actividades e contos relacionados co Samaín
lunes, 29 de octubre de 2012
QUE É PARA TI A BIBLIOTECA?
Para celebrar o día das bibliotecas, gravamos a varios compañeiros e compañeiras dicíndonos o que era para eles/as a biblioteca.
Aquí os tedes.
Aquí os tedes.
E PARA VOS, QUE É A BIBLIOTECA?
martes, 23 de octubre de 2012
Achégase o Samaín
Aquí tedes varios contos e cancións de cara ao Samaín.
miércoles, 17 de octubre de 2012
Little Fables - The Lion and the Mouse
Esta fermosa fábula está narrada en inglés.
Agardo que vos guste
sábado, 13 de octubre de 2012
Xogar axuda a aprender
Este é un vídeo destinado especialmente ás familias no que nos explica a importancia de xogar cos nosos fillos para, ademais de fortalecer a nosa relación con eles, axudarlles a mellorar o seu vocabulario.
jueves, 11 de octubre de 2012
UN CONTO MOI ESPECIAL
Aqui tedes algúns dos contos que máis éxito tiveron:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


