De cara á lectura continuada da obra "Cantares Galegos" de Rosalía de Castro do próximo mércores 27, á que están invitados a participar todos aqueles pais e nais que o desexen (entre as 9´15 e as 13´30 horas na Biblioteca do centro), subimos este traballo sobre a súa vida e obra.
Eres o visitante nº
lunes, 25 de febrero de 2013
viernes, 22 de febrero de 2013
Taller de corazóns
Este ano atopamos un fermosísimo libro titulado "Taller de corazóns" da editorial OQO, escrito e ilustrado por Arturo Abad & Gabriel Pacheco. Gustounos moito e pensamos en facer algo especial con el para dalo a coñecer entre o noso alumnado e tamén profesorado, pais e nais, por suposto. Grazas á colaboración de Mar, Sofía e Joaquín puidemos facer este traballo. A nosa intención era telo listo de cara ao día dos namorados, pero aínda que cheguemos un pouco tarde agardamos que vos guste.
miércoles, 20 de febrero de 2013
NORABOA Á EDITORIAL KALANDRAKA
Noraboa á editorial Kalandraka polo premio concedido pola Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en recoñecemento da súa labor editorial e cultural.
Esta editorial tan próxima a nós contribuiu en gran medida á revolución do libro infantil e xuvenil tanto nos seus contidos coma na ilustración. Coa súa aposta por títulos como "O coelliño branco" ou "Os tres bandidos", por citar dous exemplos dos moitos que poderíamos dicir axudaron a creación de novos lectores.
GRAZAS
"Kalandraka iniciou a súa traxectoria editorial o 2 de abril -Día
Internacional do Libro Infantil e Xuvenil- de 1998. O panorama da
edición en galego presentaba, daquela, algunhas eivas: o álbum infantil
ilustrado, de gran tradición e prestixio noutros países europeos, era
inexistente en Galicia. Kalandraka apostou decididamente por ese formato
para ofrecerlles aos lectores uns libros diferentes, atractivos
e enriquecedores. Xurdiron entón as primeiras adaptacións de contos
tradicionais, iniciouse ao mesmo tempo unha liña de recuperación dos
clásicos da literatura infantil de todos os tempos, e empezaron a
publicarse obras de nova creación para promocionar o traballo da
canteira de autores e ilustradores emerxentes. Nacían os Libros para Soñar.
Dende o primeiro momento, a animación á lectura foi outro dos piares
básicos de Kalandraka, ante a certeza de que os libros son o alimento da
imaxinación e contribúen a espertar nos nenos a curiosidade e o enxeño,
a educalos a nivel afectivo, estético e visual. Así, as sesións de
contos e música de Kalandraka percorren escolas, bibliotecas e
librarías, transportando e transmitindo a maxia que posúen os libros.
O público, a crítica e as institucións tiveron unha receptividade
satisfactoria cara á produción editorial de Kalandraka, premiando
algunhas obras que hoxe en día ocupan un lugar destacado no catálogo: “O
coelliño branco” (1º Premio Nacional de Ilustración 1999), “Onde perdeu
Lúa a risa?” (1º Premio Nacional de Ilustración 2001), “Avós” (Premio
Llibreter 2003), “A verdadeira historia de Carapuchiña” (Premio Daniel
Gil de Deseño Editorial 2005), “O león Kandinga” (Premio Fundación CJ de
Cultura de Corea 2009), “Dióxenes” (3º Premio Nacional de Edición
Infantil-Xuvenil 2010), “Miguel Hernández: 25 poemas ilustrados” (3º
Premio Nacional de Edición en Arte 2010). Diversos libros foron
incluidos tamén en acreditadas seleccións, como a Lista de Honra da
Organización Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (IBBY), The White
Ravens da Biblioteca Internacional da Mocidade de Munich, Os Mellores
Libros para Nenos do Banco do Libro de Venezuela, Os Máis da Fundación
Germán Sánchez Ruipérez, ou os Planos Nacionais de Lectura de Portugal,
México, Chile ou Arxentina.
Outra faceta destacada é a proxección internacional de Kalandraka, a
través da tradución de libros a outras linguas (inglés, francés, alemán,
coreano, xaponés, chinés), a participación nas feiras máis destacadas
do sector (Boloña, Frankfurt, Nova York, Bos Aires, Guadalajara-México),
e a implantación de Kalandraka en Portugal, Italia, México e Brasil. Co
tempo, Kalandraka consolidou o seu carácter plurilingüe: edítanse
libros en galego, castelán, catalán (en co-edición con Hipòtesi),
eúscaro (en co-edición con Pamiela), portugués, italiano e inglés."
domingo, 17 de febrero de 2013
lunes, 11 de febrero de 2013
NOVOS GADGETS NA CURICUXA
Engadimos dous novos gadgets no noso blogue:
- Speakaboos: é unha páxina adicada a contos, cancións, xogos, videos,... en inglés para nenos e nenas. Podédela topar na marxe esquerda do blogue.
- Prueba Documental: é unha páxina que recolle documentais sobre temas diversos (ecoloxía, ciencia, desastres naturais,...). Podédela topar na marxe dereita do blogue.
- Documentales a la carta de rtve.es: nesta páxina tamén podedes topar moitos documentais.
miércoles, 6 de febrero de 2013
Much Better Now. Extraordinario corto de animación.
Un gran corto de animación no que vivimos a maxia da lectura.
LA PELUCA DE LUCA
Vale a pena pensar un pouco acerca de ata onde facemos o que queremos ou o que se espera que fagamos. A necesidade de vivir en sociedade, de socializarnos non debera supoñer o sometemento a unhas normas que atenten ao ser do individuo.
COMO SE FAN OS LIBROS?
Interesante documental acerca de como se fan os libros e cómo interveñen as máquinas na súa fabricación:
jueves, 31 de enero de 2013
DIA DA PAZ NO COLE
O día da paz reunímonos todos no ximnasio, manifestamos as nosas propostas de paz e xuntos cantamos unha canción.
Outra das actividades consistiu na creación da nosa árbore dos desexos, agardamos que vos guste:
sábado, 26 de enero de 2013
FINA CASALDERREY NA REAL ACADEMIA GALEGA
A escritora FINA CASALDERREY autora de obras de Literatura Infantil e Xuvenil como Nolo e os Ladróns de Leña que moito do noso alumnado coñece por figurar entre os títulos incluídos no itinerario lector como "Ás de mosca para Anxo" ou "O misterio dos fillos de lúa", obras todas elas maravillosas non so polo seu xeito de escribir senon pola temática e o achegamento dende a tenrura a situacións dramáticas pero reais.
Visitou a nosa escola e disfrutamos da súa proximidade e cómo nos contaba anécdotas da súa infancia. Cando rematou a charla moitos nenos e nenas querían facerlle preguntas ou pedirlle que lles dedicase o libro e atendeu a todos cun enorme cariño.
Con ela a RAG gaña a unha gran escritora e tamén a unha extraordinaria persoa e supón un recoñecemento á chamada literatura infantil e xuvenil.
miércoles, 16 de enero de 2013
DIA DA PAZ
O "Día Escolar da Non-violencia e a Paz" , fundado en 1964 e conocido tamén como Día Mundial ou Internacional da Non-Violencia e a Paz, celébrase o 30 de xaneiro e é unha iniciativa pioneira, non estatal, non gubernamental, non oficial, independiente, libre e voluntaria de Educación Non violenta e pacificadora.
Celébrase con motivo do aniversario da morte de Mahatma Gandhi, o home da "alma grande", que coa súa loita pacífica conseguiu a independencia da India, o seu país natal.
Neste día deféndese e promóvese o amor universal, a non-violencia, a tolerancia, o respecto polos Dereitos Humanos a solidariedade e a Paz
¿Que é a PAZ?
Según o dicionario: Estado de tranquilidade e sosiego non turbado por molestias, traballos, etc./Tranquilidade pública e especialmente, nas familias, calma e boa correspondencia duns con outros, en contraposición ás riñas ou pleitos / Estado de nación que non está en guerra con ningunha outra. Convenio para dar fin ás hostilidades entre dous ou máis nacions: "asinar a paz".
E para tí que é a paz...
Uns contos para a paz, os CONTOS SOLIDARIOS de Anxo Moure.
Escoita e le a historia de Wangari e das súas árbores da paz:
Na nosa biblio temos moitos libros que dun xeito ou doutro tratan este tema. Esta é unha pequena selección:
Escoita e le a historia de Wangari e das súas árbores da paz:
Unhas cancións para a PAZ:
Música pola Paz - Un Mundo Pequeno - Playing for a Change - Song arround the world
Stand by me
Stand by me
La tierra del olvido
One Love
Tamén temos cancións en galego que nos fan reflexionar sobre o que nos pode facer sentir en paz:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





