lunes, 27 de enero de 2014

30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ

Este ano adicamos o Día da Paz a Nelson Mandela. Aqui podedes topar información para aprender máis sobre el e as causas polas que chegou a ser un heroe do noso tempo l:


Pero eu quixera lembrar a un persoaxe moi especial: Rosa Parks. Ela foi unha muller humilde que un día decidiu dicir NON a unha inxustiza. enfrentouse ela soa a un sistema que discriminaba a uns seres humanos doutros. Lede este documento para aprender algo máis sobre ela:


Aquí tedes un enlace para comprobar todo o que sabedes sobre o nos protagonista do día da paz:
Quiz Revolution:

Tamén podemos xogar con este Lim sobre a PAZ. Para velo clica AQUI.

domingo, 26 de enero de 2014

UN BLOG ADICADO Á CIENCIA: CIENCIA FÁCIL

http://blogs.hoy.es/ciencia-facil/
Este blog está adicado á ciencia, nel poderedes aprender moitas curiosidades dun xeito divertido. Para velo so tedes que clicar na imaxe.

http://ineverycrea.net/comunidad/ineverycrea/recurso/ciencia-para-nios/9960bd9b-4640-41fc-aad1-3d97aefb562d

 Este outro blogue tamén está destinado á divulgación científica entre os máis cativos. Do mesmo xeito se queredes visitalo tan só tedes que clicar na imaxe.

Lembrade que en Galicia tamén facemos ciencia. Para velo clica AQUI.

domingo, 19 de enero de 2014

Un gran poeta



O poeta arxentino Juan Gelman morreu en México a pasada semana. Foi un extraordinario escritor e en recoñecemento da súa obra recibiu o Premio Cervantes no ano 2007.

 La poesía no hace
que algo suceda, dijo W. H. Auden.
Apenas sobrevive, dijo.
No dijo por qué. Sobrevive como
sobrevive la imposibilidad.

Encontro cun Garda Forestal

Grazas a Antonio que é garda forestal nos nosos montes puidemos aprender máis acerca dos incendios forestais e das súas consecuencias nos ríos.
Grazas polo teu traballo de protección e recuperación do noso patrimonio e tamén por vir á nosa escola a ensinarnos máis sobre esta praga que ano tras ano ataca ós nosos montes.

O Garda forestal Antonio na nosa Biblio on PhotoPeach

Para obter máis información sobre a Terra

miércoles, 18 de diciembre de 2013

CHEGA O NADAL

Un ano máis chega o Nadal á nosa biblioteca. Ollade esta guía de libros relacionados con estas datas. Podédelos consultar na biblio cando queirades.








Damos as grazas a Paco Nogueiras polos seus videos e especialmente por este sobre o Apalpador:

domingo, 15 de diciembre de 2013

POR QUÉ LER?

Ollade este fantástico video sobre as razóns para ler. Foi feito por Sebastián G. Mouret. Aconséllovos que visitedes o seu blog: El coleccionista de Mundos.


domingo, 8 de diciembre de 2013

NELSON MANDELA

Ata sempre Madiba


Acaba de finar Nelson Mandela un dos símbolos da loita pola igualdade dos seres humanos, igualdade entre os que teñen unha cor de pel diferente pero tamén entre os que teñen recursos e aqueles que carecen deles. Pasou 27 anos na cadea por loitar por estas ideas. Ao saír non buscou vinganza ou revancha, podéndoo facer pois saiu do cárcere para ser presidente de Sudáfrica, senon que puxo a súa mirada no futuro e quixo construir un país en paz, que non esquenza pero que non quede ancorado na vinganza e a probreza. Hoxe en día todavía queda moito por construir en Sudáfrica e en todo o mundo, porque as desigualdades, a pobreza, a inxustiza e outros males seguen no mundo sabemos que se poñemos o noso empeño en combatilos poderemos derrotalos.



 "A pobreza non é natural. Foi creada polo home e pode superarse e erradicarse mediante accións dos seres humanos. E erradicar a pobreza non é un xesto de caridade. É un acto de xustiza" (Nelson Mandela)

Podedes ver algunha película que vos pode achegar a figura de Nelson Mandela como: "Mandela e De Klerk", "Adeus Bafana" ou a recente "Invictus".
A película "Grita Liberdade" tamén nos achega á Sudáfrica dirixida polo réxime racista do apartheid a través das figuras de Stephen Biko e dun xornalista.

Aqui podedes ver unha biografía de Madiba.







domingo, 1 de diciembre de 2013

Descenso ó barranco do Diaño

Aconséllovos este libro que dun xeito moi ameno nos introduce no vocabulario xeográfico. Se clicades na imaxe tamén podedes consultar material complementario

http://algareditorial.com/tl_files/pdfs/propdida/25003.pdf