martes, 27 de octubre de 2015

CHEGA O SAMAÍN E O HALLOWEEN

Un ano máis imos celebrar o Samaín e o Halloween, que é como lle chaman nos Estados Unidos de América. Para saber máis sobre el podedes buscar información clicando nos seguintes enlaces:
- RECURSOS PARA O SAMAÍN. Páxina elaborada por Dna. Mª Asunción García Álvarez.
Coma en anos anteriores imos levar a cabo moitas actividades no noso centro en relación con esta data:
exposición coas "arrepiantes" cabazas, sesión de contacontos, visionado dun vídeo elaborado polo alumnado de 6º de E. Primaria,.....
Pero mentres aquí tedes algúns vídeos para ir meténdonos no papel....






viernes, 16 de octubre de 2015

20 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS

O martes 20 de outubro celebramos o día das bibliotecas. Por este motivo terá lugar un acto na Biblioteca municipal de Ponte Caldelas para celebralo. Acudide todos.


martes, 6 de octubre de 2015

O NOSO PROXECTO DESTE ANO: A PREHISTORIA

As nenas e nenos de Ed Infantil do noso colexio púxolle voz a un fantástico conto que nos narra as aventuras dun neno na prehistoria, "Croniñón", do autor Michel Gay e da editorial Corimbo.
Con el aprenderemos a importancia das pinturas rupestres.
Agardo que vos guste.


sábado, 3 de octubre de 2015

UNHA FERMOSA CURTA DE ANIMACIÓN BASEADA NUN ÁLBUM


O peixe que sorría de Jimmy Liao. Un álbum que dá lugar a un audiovisual.
Unha curta de animación realizada en Taiwan que gañou un premio especial no festival de Berlin de 2006. Os directores son Ay Shih, Alan I. Tuan e Poliang Lin, e a música é de Chien-Ci Chen.
Unha nova historia que viaxa do papel á animación. 
Disfrutade desta fermosa historia de amizade entre un home e un peixe, pero que no fondo convídanos á convivencia en respeto e liberdade entre tódolos seres vivos.

jueves, 1 de octubre de 2015

75 ANOS DE VOTO FEMININO


Hoxe cúmplese o 75 aniversario do recoñecemento ao voto da muller. Aínda que pode parecer moito tempo, realmente é moi pouco, especialmente si o comparamos co recoñecemento deste dereito noutros países . Non pode haber xustiza sen igualdade nin liberdade. E estes dereitos non serían máis que palabras baleiras si non son respectados por homes e mulleres.

 Debémoslle moito a Clara Campoamor, xa que foi ela a gran defensora de manter o principio de igualdade no dereito ao voto. Enfrentouse a políticOs de todos os partidos incluso a unha das tres diputadas que nese momento estaban nas Cortes (Victoria Kent).



lunes, 31 de agosto de 2015

7 bibliotecas dixitais públicas en español



Neste enlace podedes contactar con sete bibliotecas dixitais públicas en español:


Contan con importantes rexistros gratuitos e interactivos. Poden ser de gran utilidade cando buscamos información. Nesta páxina podemos acceder a:
  • Biblioteca Digital Mundial: Esta biblioteca fue creada por la Biblioteca del Congreso de Estados Unidos y la UNESCO. La Biblioteca Digital Mundial fue inaugurada en 2009. Cuenta con un acervo impresionante debido a la colaboración internacional que lo conforma, además de material histórico importante. Tiene también apoyos digitales geniales como las líneas del tiempo y mapas interactivos.
  •  Europeana: Creada en 2008, esta biblioteca digital reúne materiales como libros, películas, pinturas, periódicos, archivos sonoros, mapas, manuscritos y otros archivos, de los Estados de la Unión Europea. La colección está formada por una gran variedad de documentos en 45 idiomas.
  •  Wikisource: forma parte de la fundación Wikimedia y se trata de una biblioteca de textos originales libres, que hayan sido publicados con una licencia GFDL, Creative Commons o que sean de Dominio Público. Actualmente existen al menos 55 sitios divididos así por el idioma, el de español se encuentra en el sexto puesto del idioma con más artículos.
  •  Biblioteca Digital de ILCE: ILCE es un organismo internacional, integrado por catorce países Latinoamericanos y del Caribe. En este sitio se conjunta un gran material digital con características educativas, una sección infantil muy interesante, así como recursos didácticos. Algo que me encanta de este sito es su sección 'Notas gramaticales' con ejemplos simples y constantes sobre ortografía.
  •  Biblioteca Digital Hispánica: Es el recurso en línea de la Biblioteca Nacional de España (BNE), de acceso libre y gratuito, con miles de documentos digitalizados por la Biblioteca. Permite la consulta, lectura y descarga de libros impresos entre los siglos XV y XIX, manuscritos, dibujos, grabados, folletos, carteles, fotografías, mapas, atlas, prensa, revistas, grabaciones sonoras y partituras.
  • Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes:Fue creada en 1999, su catálogo está compuesto por 135 mil registros bibliográficos, de los cuales casi la mitad son libros; también ofrece estudios críticos y de investigación, materiales históricos, periódicos y revistas, audiovisuales, archivos sonoros, vídeos en lengua de signos española. Además, tiene interesantes secciones como la Biblioteca Virtual de las Letras Mexicanas y la Academia Argentina de las Letras con un importante acervo de material, en este caso de cada país; así como la posibilidad de descargar revistas y folletos culturales.
  • Proyecto Gutenberg: Sin duda uno de los proyectos que siempre se mencionan por su gran acervo, importancia y su colaboración internacional. «Cortemos los barrotes de la ignorancia y el analfabetismo», es el lema de este proyecto desarrollado por iniciativa de Michael Hart. La mayoría del material está en inglés, pero también hay un número nada despreciable de documentos en alemán, francés, italiano, español, gallego, neerlandés, finlandés, y chino, así como en otras lenguas. Tiene la característica de tener en su catálogo gran material de dominio público o permisos para su distribución, lo mejor de este sito es que se pueden descargar los materiales en distintos formatos digitales como Kindle, EPUB, o leerlos en línea en formato HTML.


viernes, 17 de julio de 2015

CONFERENCIA DE ANGEL CARRACEDO

D. Ágel Carracedo Álvarez é un dos científicos máis salientables, non só pola súa faceta como investigador, senón pola de difusor da ciencia entre os nosos estudantes. Escoitade este estracto da súa conferencia durante os Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia.


miércoles, 24 de junio de 2015

UNHA DECLARACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado do noso centro e da Reigosa participou neste vídeo no que pretendemos alertar sobre a importancia da violencia de xénero. Pretendemos que o noso alumnado saiba dicir NON ante situacións de violencia, sexan empáticos, podan porse no lugar da outra persoa e entendan a súa dor. GRAZAS por colaborar e agardo que todos aprendamos do seu exemplo.



UNHA NOVA TROITA. E XA VAN 34

martes, 2 de junio de 2015

O horto como actividade económica no noso entorno

O alumnado de 5º de Ed. Primaria do noso colexio preparou un fantástico mural no que nos explican a influencia do horto como actividade económica no noso entorno próximo. Este traballo enmárcase no PDI de centro.


O horto como actividade económica no noso entorno on PhotoPeach

As nenas e nenos de 1º Ciclo traballaron o proxecto do PDI: A nosa horta, fonte de saúde.

O alumnado de 6º tamén traballo no noso PDI con este Power Point