viernes, 16 de diciembre de 2016

PADRIÑOS LECTORES

Xa chegou decembro...e con el a visita das madriñas e padriños lectores do Nadal que viñeron cargadiños de contos estupendos da nosa biblio e que lles encantaron aos máis pequenos!!
Aquí vos deixamos un video resumo da visita!!

  
Padriños diciembre from Departamento de orientación on Vimeo.

martes, 29 de noviembre de 2016

PADRIÑOS LECTORES DE NOVEMBRO

Como cada ano dende a biblioteca promovemos a actividade dos PADRIÑOS LECTORES!! Unha actividade moi ben acollida  por grandes e pequenos! Neste mes de novembro arrancamos coa primeira visita dos nosos particulares PADRIÑOS e MADRIÑAS con lecturas do outono e do samaín!!
Velaí vos vai un resumo, agardamos a visita do vindeiro mes.


Padriños novembro from Departamento de orientación on Vimeo.

lunes, 28 de noviembre de 2016

DEPORTE ESCOLAR

Chegou de novo o deporte escolar!!E os alumnos/as de 3º non quixeron perder esta saída.
Participaron o pasado venres 25 de novembro e aquí vos deixamos algunhas imaxes que recollen o ben que o pasaron!!

   
Deporte escolar from Departamento de orientación on Vimeo.

25 N EN POSITIVO. UN BICO SOLIDARIO

Dende a biblioteca da Espiñeira deixamos unha manchea de bicos!!!


VIDEO NO DÍA DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Gran traballo levado a cabo no IES do Porto do Son para o día de loita contra a violencia de xénero:





jueves, 24 de noviembre de 2016

25 de Novembro: Día contra a violencia de xénero

"A violencia contra as mulleres e as nenas é unha violación dos dereitos humnaos, unha pandemia de saúde pública e un grave obstáculo para o desenvolvemento sostible.... Sae moi cara ás familias, as comunidades e as economías .... O mundo non se pode permitir pagar ese precio" - Ban Ki-moon, Secretario Xeral da ONU. 







 PARA TRABALLAR NA AULA SOBRE ESTE TEMA CLICADE AQUÍ








PARA SABER MÁIS: WIKIPEDIA - ONU - EDUCANDO EN IGUALDAD -



domingo, 13 de noviembre de 2016

CAMPAÑA LIBROS POR QUILOS

CAMPAÑA LIBROS POR QUILOS 
 Do 14 de Novembro ao 9 de Decembro poremos na entrada do centro unha mesa na que calquer membro da comunidade educativa poderá escoller un libro a cambio dun quilo de: fariña, azucre, fabas, lentellas, garavanzos ou por unha conserva (atún, xardiñas). 
Os alimentos que se recollan serán entregados a cáritas (Ponte Caldelas). 

Grazas por colaborar na campaña LIBROS POR QUILOS.