Este ano os paises convidados no Salón do Libro de Pontevedra foron os países de fala lusa.
E temos a gran sorte de contar con nenas e nenos procedentes de Brasil, así que convidamos ás súas familias a vir ao centro e compartir con nós a cultura do seu país de orixe.
Katia, a mamá de Miguel de 1º A, veunos contar un fermosísimo conto: "Chapeuzinho amarelo", no que nos falou dunha nena chea de medos e dun lobo que acabou convertido nun "bolo".
Aquí vos deixamos unhas fotos.
Eres o visitante nº
lunes, 15 de julio de 2019
lunes, 3 de junio de 2019
lunes, 6 de mayo de 2019
PADRIÑOS LECTORES EN ABRIL
Aquí vos deixamos algunhas fotiños dos días que adicamos no mes de abril aos nosos padriños lectores coincidindo cos festexos polo día do libro.
domingo, 21 de abril de 2019
As nenas e nenos de 1° visitan o Salón do Libro de Pontevedra
Un ano máis a nosa escola participa no SALÓN DO LIBRO de Pontevedra. Este ano, co noso proxecto "REVOLUCIONARTE", mesturamos as emocións coa arte e coa revolución. Foi unha visita na que o pasamos estupendamente!!!!
Construimos un canastro no 1° CIclo
Dentro da arquitectura popular galega temos unha construcción que é moi recoñecida e que está espallada por toda a xeografía do noso país. Ten moitos nomes: hórreo, canastro, piorno... etc. E tamén tivo e segue tendo unha importante función no mundo rural. Para explicarnos isto, e moito máis, tivemos con nós a Vanesa, a mamá de Nerea de 1º B. Trouxo ao cole un marabilloso canastro en pezas, que as nenas e nenos montaron seguindo as instruccións dun plano coma se de verdadeiros arquitectos e arquitectas se trataran. Moitísimas grazas a toda a familia pola implicación sempre amosan en todos os proxectos do cole.
lunes, 8 de abril de 2019
BON APPETIT
O alumnado do segundo ciclo asistiu á representación da obra "Bon Appetit" no teatro A Banca.
BON APPETIT from jmcarguez on Vimeo.
BON APPETIT from jmcarguez on Vimeo.
VISITA AO SALÓN DO LIBRO
O alumnado de Ed. Infantil, 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria visitarón o Salón do Libro.
Se ides non esquezades visitar o noso traballo. Noraboa.
VISITA AO SALÓN DO LIBRO from jmcarguez on Vimeo.
Se ides non esquezades visitar o noso traballo. Noraboa.
VISITA AO SALÓN DO LIBRO from jmcarguez on Vimeo.
miércoles, 27 de marzo de 2019
PADRIÑOS LECTORES DE POESÍA
Coincidindo coa semana na que festexamos o día da poesía, as nosas madriñas e padriños lectores fixeron unha visita ao nenos e nenas de infantil cargados cun montón de libros de poesías, rimas... cos que fixeron pasar un anaco moi agradable aos máis peques do cole.
padriños lectores marzo from Audición y lenguaje on Vimeo.
padriños lectores marzo from Audición y lenguaje on Vimeo.
miércoles, 6 de marzo de 2019
Rosalía de Castro visita as nenas e nenos de 1º e 2º
Celebrando o día de Rosalía de Castro na escola, as nenas e nenos de 1º e 2º tivemos unha sorpresa moi moi emocionante. Sabedes quen nos visitou? Pois síii! nada máis nin nada menos que a mesma Rosalía de Castro.😍
Xa, xa... xa sabemos que non era ela exactamente, pero nós sentímola coma se da propia poetisa galega se tratara.
Contounos como era de pequena, os seus soños de nena, querendo ser pirata, ou querendo ser escritora, unha gran escritora na que máis tarde se convertiu. E tamén unha gran muller que nos falou de igualdade💪 entre as nenas e os nenos.
Sabemos que Rosalía defendía a súa lingua, a nosa lingua, e como despedida díxonos que se nós, nenas e nenos seguiamos aprendendo os seus poemas, e recitándoos e cantándoos, nin ela nin a nosa lingua desaparecerían xamais.
Agradecémoslle a visita cantándolle🎵 un dos seus fermosos poemas "Has de cantar", e a Rosalía parece que lle gustou moito moito.
Agardamos a súa visita para o vindeiro ano!!!
Grazas Rosalía💗.

jueves, 28 de febrero de 2019
Padriños lectores de ENTROIDO
Ao longo desta semana de inverno pero de aspecto primaveral tivemos a visita das nosas madriñas e padriños lectores. Foron unas xornadas solleiras nas que grandes e pequenos pasárono en grande.
Podes velo nas seguintes fotos:
lunes, 25 de febrero de 2019
O alumnado de terceiro celebrou o día de Rosalía
DIA DE ROSALÍA from jmcarguez on Vimeo.
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO from Eva Conchouso on Vimeo.
emigración final from jmcarguez on Vimeo.
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO from Eva Conchouso on Vimeo.
emigración final from jmcarguez on Vimeo.
domingo, 3 de febrero de 2019
O ALUMNADO DO 2 CICLO VISITOU O MUSEO DE PONTEVEDRA E FIXO UN PERCORRIDO POLA CIDADE
VISITA AO MUSEO E PERCORRIDO ESCULTÓRICO from jmcarguez on Vimeo.
Visita ao museo from jmcarguez on Vimeo.
Saída Pontevedra from Eva Conchouso on Vimeo.
Visita ao museo from jmcarguez on Vimeo.
Saída Pontevedra from Eva Conchouso on Vimeo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)