miércoles, 15 de abril de 2020

VISITA VIRTUAL AO NATIONAL MUSEUM OF NATURAL HISTORY

Aínda que teñamos que estar na casa podemos visitar "virtualmente" o Museo Nacional de Historia Natural, pertencente ao Smithsonian (o da película Noite no Museo, na que todo cobraba vida). Agardo que vos guste.



sábado, 4 de abril de 2020

SALÓN DO LIBRO VIRTUAL

Na páxina do Salón do Libro de Pontevedra podedes disfrutar de varios contacontos, entrevistas,...
Para visitala podes clicar neste enlace: https://www.salondolibro.gal/salon-virtual/ 


jueves, 2 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO INFANTIL


O día 2 de abril celebrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Esta data conmemora o nacemento de  Hans Christian Andersen, un dos escritores máis importantes da literatura infantil e creador de obras coñecidas por todos como “O soldadiño de chumbo” ou “O traxe novo do emperador”. Esta data vense celebrando desde 1967.
Lembrade que contades cunha biblioteca dixital ao voso alcance no portal BEGA-ELBE 2
Para conmemorar esta data, o Ministerio de Cultura e Deporte incluíu no portal de préstamo bibliotecario dixital eBiblio de libros dous literatura infantil e xuvenil: “Un falcón que di verdades” e a edición ilustrada “Robisón Crusoe: a súa vida e aventuras”. Tamén difundirá o espazo para o público infantil e xuvenil “De cero a 18” habilitado nas webs de bibliotecas públicas, permite acceder a libros, contos e xogos en diferentes linguas.




2 DE ABRIL : DÍA DO AUTISMO

A profe Chus colgou no blog do primeiro ciclo esta entrada para recordarnos que hoxe é o Día Mundial do Autismo. Convídanos a ver tres curtametraxes marabillosas. Desexo que vos gusten.






Nestas outras entradas de CURICUXA tamén podedes ver outros vídeos sobre o AUTISMO:

Xoves 3 de abril de 2014 : http://curicuxa.blogspot.com/2014/04/dia-mundial-da-conciacion-sobre-o.html

Mércores, 26 de setembro de 2012 : http://curicuxa.blogspot.com/2012/09/autismo-academia-de-especialistas-por.html

Venres 29 de xuño de 2012 : http://curicuxa.blogspot.com/2012/06/el-viaje-de-maria.html

miércoles, 1 de abril de 2020

Unha historia que emociona

Como non todo vai ser facer fichas, aquí podedes ver unha animación que nos fala de emocións como a amizade, a tenrura, o enfado, ... Agardo que vos guste:


domingo, 29 de marzo de 2020

miércoles, 25 de marzo de 2020

LEMBRADE QUE CONTADES CUNHA BIBLIOTECA DIXITAL AO VOSO ALCANCE



Lembrade que contades cun acceso á biblioteca dixital PROXECTO ELBE2
Para poder usar esta aplicación tedes que descargala no voso equipo (pc, portátil, tablet ou smartphone), dende google play.
Clicando na imaxe poderedes acceder á páxina de inicio.

clina nesta imaxe para acceder á páxina de inicio




lunes, 23 de marzo de 2020

NO CORDO BOULLOSA TAMÉN QUEDAMOS NA CASA

O PROFE RAMÓN PREPAROUNOS ESTAS SESIÓNS PARA MANTERNOS EN FORMA


A idea destas unidade didáctica "EDUCACIÓN FÍSICA DE ANDAR POR CASA" é de facer un mantemento global das diferentes capacidades físicas.
As sesións están deseñadas para que podan participar delas persoas de diferentes idades e niveis, polo que se podería xogar con irmáns/ irmás maiores e tamén menores que nós. Incluso tamén con adultos. Anímaste?

Se non podes facer algunha actividade por problemas de material, compañía ou espazo... non te preocupes! Cambia á seguinte e segue poñéndote en forma. 

O material empregado vai a estar presente habitualmente nas casas (botellas de plástico, tapóns, caixas, paus...) De tódolos xeitos, algún material podes intentar elaboralo ti (pide axuda). Verás que divertido!

É importante que non vos desfagades do material elaborado, porque pode ser útil para próximas sesións, ou ben para utilizalo no voso tempo de lecer.

ESTOU MOI ORGULLOSO DE TODOS E TODAS. ÁNIMO. A POÑERSE EN FORMA






















martes, 17 de marzo de 2020

EU QUEDO NA CASA!

Ola familias! 

Dende o cole non queremos perder a oportunidade de aportar o noso granciño de area para facer máis levadeiros estes días. Por iso gustaríanos que sacásedes unha foto co alumnado realizando algunha actividade que poidades facer nas vosas casas (xogando a algún xogo, facendo exercicio, cociñando...) e nola enviásedes ao enderezo tercerciclocordoboullosa@gmail.com

Con todas esas fotos elaboraremos un vídeo que aportará ideas a outras nenas e nenos para realizar coas súas familias!

Podedes enviar fotos ata o VENRES DÍA 20!

Moitas grazas de antemán.

viernes, 13 de marzo de 2020

SUSPENSIÓN DAS XORNADAS LECTIVAS

Ante a falta de comunicación oficial por parte da Consellería de Educación, remitímosvos as declaracións feitas pola Presidente da Xunta de Galiza nas que anunciaba que a partir do luns, 16 de marzo, os centros educativos sunpenden todas actividades lectivas e complementarias durante catorce dias; e mañá a asistencia do alumnado é voluntaria. 

Lembrade que para calquera dúbida, debedes consultar primeiro a páxina web do colexio e/ou os blogs de cada ciclo.
Estes son os enlaces:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U. http://www.edu.xunta.gal/portal/


BLOG EDUCACIÓN INFANTIL: http://cativoscaldelas.blogspot.com/




jueves, 12 de marzo de 2020

OITO DE MARZO DÍA DA MULLER

O luns visitáronnos dúas mulleres que realizan a súa actividade profesional nas forzas e corpos de seguridade do Estado. Amosáronnos que unha persoa, home ou muller, pode acadar aquilo que se propón, se se esforza e ten a vontade para facelo.  Ser home ou muller non é nin debe ser unha barreira.

Moitas Grazas.