miércoles, 13 de abril de 2022

PADRIÑOS LECTORES con ROSALÍA DE CASTRO

Temos no cole unha actividade chamada "padriños lectores" na que as nenas e nenos "maiores" agasallan aos máis pequenos con lecturas de contos, poemas, e outros textos. Son momentos nos que comparten o gusto pola lectura, e contaxian o seu entusiasmo polo marabilloso mundo dos libros,

Aproveitando que tivemos unha semana adicada á nosa autora, Rosalía de Castro, o alumnado de 3º a 6º de Primaria recitaron versos da poeta, facendo as delicias dxs máis pequenxs. 


Aquí vos deixamos algunha foto.

DÍA DA MULLER E SEMANA DA PRENSA

No mes de marzo temos varias celebracións no cole, a primeira é o 8M no que celebramos o Día da Muller. Este ano adicámolo ás MULLERES CIENTÍFICAS, e convidamos ao colexio a tres mulleres da contorna, Lucía, Saleta e Ana. 



 


 Tamén tivemos a visita da teacher Mary, que nos fixo pasar uns momentos moi divertidos co seu conto de piratas.





Celebramos tamén a Semana da Prensa, elaborando unha portada por curso adicada a mulleres científicas, de distintos ámbitos da ciencia: biólogas, astrónomas, químicas, matemáticas, etc. Co resultado elaboramos un mural no corredor, que quedou así de ben! 




domingo, 6 de marzo de 2022

8M: MOITO QUE CELEBRAR, MOITO QUE REIVINDICAR

Nesta semana, o día 8 de marzo celebraremos o "Día internacional da muller traballadora". Curicuxa estivo buscando información para compartila con vós. Quere que saibades e entendades por que é tan importante non esquecer esta celebración, e seguir dando pasos pola igualdade entre mulleres e homes, nenas e nenos.

 Sabedes por que se celebra o "Día internacional da muller traballadora" nesta data??? Pois mirade este 
vídeo. 




  


 Curicuxa convídavos a ver este vídeo e reflexionar. Que pensades?

 



Este vídeo dá moito que pensar. Curicuxa ten a esperanza de que nenas e nenos formedes un gran equipo para construír un mundo mellor e máis xusto no futuro.  CONTOS E LIBROS PARA O 8M YO, VOY CONMIGO DANIELA PIRATA EL PRÍNCIPE CENICIENTO

viernes, 4 de marzo de 2022

UN ENTROIDO MOI MUSICAL

As nenas, nenos e profesorado do cole celebramos o Entroido con moitas ganas. Primeiro, lemos unhas coplas nas que lle pedimos á nosa mascota Curicuxa que, coa axuda da súa máquina destrutora, puidera facer desaparecer do mundo: o maltrato animal, o racismo, o machismo, a violencia, o egoismo, as guerras ... Aínda que somos nenas e nenos e cremos na maxia da nosa mascota,  sabemos que é moi difícil que a máquina de Curicuxa poida desfacerse de todo iso, pero esforzarémonos por convertirnos en boas persoas no futuro, e quizais poidamos mudar as cousas... Ogallá!!!

E, para rematar, fixemos un baile moi divertido (co fantástico coreógrafo, Chito) para espallar a nosa ledicia ata máis aló da vila de Ponte Caldelas.     




jueves, 3 de marzo de 2022

Dia da Paz 2022 no Cordo Boullosa!!!

No Cordo celebramos este ano a Paz , formando unha pomba da paz e a palabra paz xigantes!
E tamén lemos un manifesto sobre a Paz e bailamos para celebrar este día tan importante!

miércoles, 23 de febrero de 2022

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ

 


CHEGA O BAILE DE ENTROIDO!!

 Neste Entroido temos moitas ganas de bailar.  Curicuxa contactou cun gran profesional, Chito,  que nos gravou unha "master class" para que movamos o corpo este venres de Entroido.

Así que, nenas e nenos, poñédevos a practicar esta fantástica coreografía.

BAILANDO COA NOSA ROSALÍA

Nesta semana celebramos o día de Rosalía.
As nenas e nenos fixeron diferentes actividades no cole, e para amosarllas ao pobo, pasarémolas en video na pantalla da praza de España. Agardamos que vos gusten.




23 de febreiro DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

jueves, 10 de febrero de 2022

NO DIA DA NENA NA CIENCIA CURICUXA CIENTÍFICA PRESENTA:

 




 Aquí está o vídeo de Nandini.

   



 Neste vídeo coñeceredes a Saleta

 


E aquí está Lucía, a científica máis nova.

 

11 FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

A ONU no ano 2015 declarou o 11 de febreiro coma o "Día internacional da muller e a nena na ciencia". 

 Os principios que se defenden neste día serían: 

  •  As mulleres e as nenas desempeñan un papel fundamental na ciencia e na tecnoloxía, e a súa participación debe fortalecerse. 

 

  •  É necesario seguir visualizando e difundindo o traballo das científicas e fomentar a vocación investigadora das nenas. 

 

  • Hai que seguir poñendo en valor o traballo das mulleres científicas, mostrándoas como referentes para as novas xeracións de mozas. 

 

  • É preciso lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, acadando a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas neste ámbito.

 

  • Hai que manter a loita contra os prexuízos e os estereotipos de xénero na ciencia e a tecnoloxía que condicionan e limitan os estudos das nenas. 

 

  • Débese seguir avanzando na incorporación efectiva dos criterios de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no sistema galego de ciencia, tecnoloxía e innovación para conseguir un verdadeiro cambio de paradigma no mundo científico.                              (Unidade da Muller e Ciencia da Xunta de Galicia)