Eres o visitante nº
domingo, 3 de marzo de 2024
ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
viernes, 1 de marzo de 2024
CALENDARIO 21 DÍAS EN GALEGO
Este é o calendario coas actividades que iremos facendo tanto no colexio coma nas casas.
jueves, 29 de febrero de 2024
4 de MARZO- Reto: ADIVIÑA, ADIVIÑANZA.
2 e 3 de MARZO: Reto en familia
SEGUIMOS!!!... O FIN DE SEMANA NAS NOSAS CASAS!!
21 DÍAS EN GALEGO
O pasado 23 de febreiro celebramos un ano máis o Día de Rosalía de Castro, mais este ano, no que o noso PDI é sobre os Xogos Olímpicos, a nosa poetisa quixo pasarnos o testemuño da lingua, para percorrer con él un maratón de 21 días: 21 DÍAS EN GALEGO.
Ao longo destes días iremos propoñendo divertidos retos, actividades para realizar en familia e na escola , accións e xestos sinxelos que incorporaremos ás nosas vidas diarias dándolle un sitio á lingua galega, a nosa lingua.
O proxecto comezará o día 1 de marzo e finalizará o 21 .
(Por que 21 días? Según o psicólogo William Jame requírese un proceso de 21 días para crear un hábito. A mestra Pilar Ponte do IES da Pobra do Caramiñal comezou "21 días en galego" no ano 2013.)
jueves, 15 de febrero de 2024
23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA
Un ano máis celebraremos o Día de Rosalía, o 23 de febreiro. Aquí vos deixamos páxinas con recursos para que poidades coñecer un pouquiño máis á nosa poetisa e escritora. Agardamos que vos gusten.
Os Bolechas e Rosalía
lunes, 5 de febrero de 2024
ENTROIDO NO CORDO
Xa estamos no Entroido, e para iso Curicuxa tróuxovos recursos e materiais para ir traballando nas vosas aulas.
Aquí vos deixo algunhas ligazóns con materiais.
Nesta primeria ligazón atoparedes información sobre o Entroido tradicional galego, unha festa considerada de interés turístico.
Aquí tedes máscaras tradicionais do Entroido galego.
viernes, 19 de enero de 2024
O DÍA DA PAZ ESTÁ A CHEGAR!!
Nenas e nenos,
Estamos preparando o Día da Paz e queremos compartir con vós esta fermosa canción con coreografía para que a aprendades e a poidamos bailar e cantar todxs xuntxs o 30 de xaneiro.
Animádevos, que temos máis actividades para ese día!!
No seguinte vídeo tedes a canción coa letra.
miércoles, 13 de diciembre de 2023
NADAL 2023: O APALPADOR
Se premedes na imaxe, podedes acceder a diferentes modelos de cartas para enviarlle ao Apalpador.
Queredes escoitar panxoliñas en galego? Pois aquí vos deixo unha lista cunha chea delas.
Nesta páxinas podedes atopar máis recursos sobre o Apalpador
![]() |
| A orixe da lenda do Apalpador. |
lunes, 4 de diciembre de 2023
BIBLIOTECAS DE AULA PREPARADAS, LISTAS... XA!!!
Arrincamos o día das Bibliotecas comenzado a decoración con motivos do PDI "PARA OLÍMPICXS, NÓS", e así de marabillosas quedaron. Curicuxa sempre pasa a visitalas, e sorpréndese da creatividade, imaxinación e traballo ben feito do noso alumnado e profesorado.
Queremos compartir o resultado con toda a comunidade educativa, e aquí vos deixamos o vídeo que preparamos.
Agardamos que vos guste.
domingo, 3 de diciembre de 2023
DÍA 3 DE DECEMBRO: Día Internacional das Persoas con Discapacidade
O 3 de decembro é o Día internacional das persoas con discapacidade. Xa hai camiño recorrido dende que en 1962 Ed Roberts foi quen de matricularse na Universidade de California (Berkley) e iniciou a súa loita por acadar unha vida independente para as persoas con discapacidade. Trinta anos despois (en 1992) a Asamblea xeral de Nacións Unidas recoñecía o 3 de decembro como o Día internacional das persoas con discapacidade.
Pero aínda queda camiño por recorrer. Aínda existen desafíos e barreiras que as persoas con discapacidade afrontan todos os días. A inclusión, a participación e a cooperación son fundamentais para non deixar a ninguén atrás.
Aquí vos deixamos algúns vídeos de animación, na que nos ofrecen diferentes historias de inclusión e superación.
"Mi hermano Luca"
"Por cuatro esquinitas de nada"
"El cazo de Lorenzo"
"Cuerdas"
"Tamara"
Ademais das curtametraxes, queremos compartir algo de música con vós.
Esta canción gústanos moito para a "Hora de ler", e estamos aprendendo a signar a parte do retrouxo.


.png)











.png)


