E seguindo coas árbores, animámosvos a que recitedes poemas nos que as protagonistas son as árbores.
Aquí vos deixamos unha ligazón cunha escolma de poemas galegos acompañados de fermosas fotografías.
E seguindo coas árbores, animámosvos a que recitedes poemas nos que as protagonistas son as árbores.
Aquí vos deixamos unha ligazón cunha escolma de poemas galegos acompañados de fermosas fotografías.
Esta semana, concretamente o día 21, celebraremos o Día Mundial da Árbore. Pedímosvos como reto que traiades ao cole o nome dunha árbore en galego. Hai moitas!!!
Valentina soña con ser trapecista, pero cre que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. A súa avoa —que lle ensina a xogar ao xadrez e un montón de cancións— anímaa sempre a perseverar: Si os vermes conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible. Nunca debemos perder a ilusión nin as gañas de aprender; mírame a min, eu aínda estou decidida a ser directora de orquestra algún día!
Pero Valentina non está moi convencida, pensa que un verme é demasiado noxento para converterse en bolboreta… Como será esa metamorfose da que fala a avoa? Cando se dispón a preguntarllo, Papá e Mamá danlle unha desconcertante noticia: a Avoa foise de viaxe. De viaxe? Sen se despedir?!
Aquí tedes a ligazón para vela en galego
O 8M temos moito que celebrar. É o día da muller traballadora, e dende o cole, aproveitando que estamos a traballar o deporte, queremos homenaxear as mulleres deportistas galegas. E para iso elaboramos un vídeo dándolles a volta a expresións machistas que as quixeron frear nas súas carreiras deportivas, mais non o conseguiron!! Por que? Porque ás nenas non hai quen as pare! Ser nena e ser muller é un orgullo!
Aquí tedes acceso a información sobre deportistas galegas