martes, 1 de octubre de 2024

CLUBES DE LECTURA

Un ano máis comezamos os nosos Clubes de Lectura. Este ano súmanse tamén os máis peques do cole. Polo tanto crearánse 7 Clubs de Lectura organizados por idades. O alumnado de infantil, 1º e 2º participarán nun club mixto coas súas familias. Abrimos as inscripcións. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

viernes, 27 de septiembre de 2024

AS BIBLIOTECAS ESCOLARES SAEN A ESCENA

O cartaz que acompañará as bibliotecas escolares de Galicia neste curso "Representa unha obra teatral do poema de Xohana Torres "Eu tamén navegar", no que Penélope (da Odisea) deixa o tapiz que traballa e desfai e sae a vivir aventuras. Despois ao regreso remata o tapiz engadíndolle novos elementos da súa viaxe (o tapiz que hai detrás da nena que está a leer a obra teatral)" segundo indica a súa autora, a ilustradora e muralista Xoana Almar PENÉLOPE DECLARA o oráculo: «QUE á banda do solpor é mar de mortos, incerta, última luz, non terás medo. QUE ramos de loureiro erguen rapazas. QUE cor malva se decide o acio. QUE acades disas patrias a vindima. QUE amaine o vento, beberás o viño. QUE sereas sen voz a vela embaten. QUE un sumario de xerfa polos cons.” Así falou Penélope: “Existe a maxia e pode ser de todos. ¿A que tanto novelo e tanta historia? EU TAMÉN NAVEGAR.» Torres, Xohana (1992). Tempo de ría. Espiral Maior Unha imaxe enraizada no cartelismo galego que abre as portas a traballar o teatro en todas as súas variantes. As nosas bibliotecas escolares saen a escena para ler, interpretar, radiar, escribir e gozar co TEATRO. FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES (https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/)

martes, 24 de septiembre de 2024

Obradoiros 2024-2025

Este ano poñemos en marcha unha nova aventura... Comezamos obradoiros creativos internivel. Unha vez por semana facemos...diversas actividades como horto, radio, experimentos, xogos de mesa, costura, primeiros auxilios, xogando coa lingua, argallando co inglés, atando a lingua e diversidade.

martes, 4 de junio de 2024

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS CON MONICA DE NUT

 Para homenaxear a Luisa Villalta contamos con Mónica de Nut, nai dunha alumna do cole, e profesional do canto. Coa compaña dos poemas de Luísa viaxamos polo mar, guiados polo son dunha caracola e a voz de Mónica. Foi unha xornada moi especial. Grazas!!


jueves, 23 de mayo de 2024

HOMENAXE A LUÍSA VILLALTA NA RADIO DO COLE

Neste curso estreamos a radio no noso cole, e ... que mellor inauguración que facer un programa sobre a vida e obra de Luísa Villalta?  Pois así foi, e para conmemorar o Día das Letras Galegas, o alumnado de Infantil e Primaria puxéronse diante dos micrófonos e, como verdadeiros profesionais elaboraron este programa.  Foi unha gran experiencia  e de seguro que detrás de este programa van vir moitos máis. Deixamos aquí o noso podcast para que poidades gozar do gran traballo feito. 



jueves, 25 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO 2024

Este ano para celebrar o Día do Libro, entre outras actividades, elaboramos este vídeo sobre os Xogos Olímpicos. Fixémolo a modo de "carreira de remudas", onde o testemuño era unha pregunta enviada dunha aula a outra para investigar e aprender curiosidades sobre o tema que estamos traballando este ano no PDI. Para a procura da información, a nosa mascota da Biblio, Curicuxa, deixounos un libro : "Os superpreguntóns nos Xogos Olímpicos". Que ideas máis chulas ten Curicuxa ;-)

 Aqui tedes o resultado. Agardamos que vos guste!!

lunes, 1 de abril de 2024

2 de ABRIL: DÍA DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

O 2 de abril celébrase o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo co fin de aumentar a sensibilización sobre o trastorno do espectro autista (TEA) e promover a inclusión das persoas con autismo na sociedade. A razón principal desta data é destacar a necesidade de entender mellor o autismo, combater o estigma e a discriminación, e promover a inclusión e igualdade de oportunidades para as persoas con TEA.

A elección do 2 de abril para esta celebración foi establecida pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 2007. Este día foi seleccionado para honrar a todas as persoas con autismo en todo o mundo e para destacar a importancia de mellorar a súa calidade de vida. É unha oportunidade para unirse como comunidade e traballar xunts para crear conciencia sobre o autismo e promover unha sociedade máis inclusiva e comprensiva. Durante esta xornada, organizanse eventos, actividades e campañas en todo o mundo para educar e sensibilizar á poboación sobre o autismo e para promover a aceptación e o apoio ás persoas con TEA e as súas familias.

Convídanos a ver estas curtametraxes marabillosas.

"ACADEMIA DE ESPECIALISTAS"

 

"MI HERMANITO DE LA LUNA"

  

"EL VIAJE DE MARÍA"

 

¨LOOP"

 

Neste vídeo podedes ver un traballo sobre autismo realizado hai 10 anos por Aroa, Tarikwa e Xela,  alumnas de 4º  de este colexio.  Miguel Gallardo, autor das curtametraxes "Academia de Especialistas" e "El viaje de María" era un ilustrador, debuxante e pai de María, unha nena con TEA co que se puxeron en contacto as nosas alumnas para facerlle preguntas sobre o tema. Foi moi amable e respostou as súas mensaxes, ademais de enviarlles material sobre TEA. Queremos adicarlle este vídeo, xa que nos deixou hai xa dous anos, en febreiro de 2022.