martes, 30 de octubre de 2012

O SAMAÍN E O HALLOWEEN






O Samaín é unha festa moi especial. Nela podemos disfrutar de moi boas larpeiradas, de xogos e disfraces. Aínda que algúns pasen un pouco de medo. 
Na nosa Biblio levamos a cabo unha exposición cos títulos relacionados con esta data. Ademáis decoramos a exposición con motivos propios do Samaín. Espero que vos guste.

Aquí tedes unha historia de medo...

 

E outra máis....





 Esta é a última


No CEIP A Pedra fixeron este LIM sobre esta festa. Grazas por compartilo.

Agradecer ao C.E.E. de Ferrol Terra o traballo feito de recopilación de actividades relacionadas co Samaín e o Halloween. Así como ao CEIP Saco e Arce de Toén pola súa recopilación de actividades e contos relacionados co Samaín


 
 

lunes, 29 de octubre de 2012

QUE É PARA TI A BIBLIOTECA?

Para celebrar o día das bibliotecas, gravamos a varios compañeiros e compañeiras dicíndonos o que era para eles/as a biblioteca.
Aquí os tedes.


E PARA VOS, QUE É A BIBLIOTECA?

miércoles, 17 de octubre de 2012

Little Fables - The Lion and the Mouse

Esta fermosa fábula está narrada en inglés.
Agardo que vos guste

 

sábado, 13 de octubre de 2012

Xogar axuda a aprender

Este é un vídeo destinado especialmente ás familias no que nos explica a importancia de xogar cos nosos fillos para, ademais de fortalecer a nosa relación con eles, axudarlles a mellorar o seu vocabulario.


jueves, 11 de octubre de 2012

miércoles, 26 de septiembre de 2012

AUTISMO: Academia de especialistas, por Miguel Gallardo

Miguel Gallardo fainos chegar unha visión das habilidades especiais que posúen nenas e nenos
con autismo. É o autor de"María y yo" e "El viaje de María", nos que  narra a historia da súa filla, intentando dar a coñecer a realidade autista á  sociedade.

jueves, 5 de julio de 2012

Está acontecendo neste momento no medio do Océano Pacífico

Este vídeo preséntanos o que está acontecendo nas illas Midway no Océano Pacífico coa poboación de albatros. É incrible o efecto sobre o medio ambiente, a fauna e a flora, da contaminación, do consumismo e dunha actitude irresponsable sobre a xestión dos residuos.


viernes, 29 de junio de 2012

EL VIAJE DE MARÍA

Excelente curtametraxe realizada por Miguel Gallardo, pai dunha nena con autismo. Este traballo permite achegarnos ao mundo do autismo, axudándonos a entendelo mellor e a reflexionar sobre o mesmo.

martes, 19 de junio de 2012

Vídeo de promoción da lectura

No IES Chano Piñeiro de Forcarei elaboraron este vídeo de promoción da lectura. Agardo que vos guste.