jueves, 31 de enero de 2013

DIA DA PAZ NO COLE


Este ano para celebrar o Día da Paz levamos a cabo unha serie de actividades sobre os Premios Nobel da Paz e sobre o  porque deste día, empregando técnicas de traballo cooperativo. Non so buscamos aprender nomes ou datas senón tamén por en práctica un modo de aprendizaxe no que a colaboración, o traballo en equipo e a búsqueda de información empregando os medios dixitais e informáticos fosen os elementos fundamentais.
O día da paz reunímonos todos no ximnasio, manifestamos as nosas propostas de paz e xuntos cantamos unha canción.
Outra das actividades consistiu na creación da nosa árbore dos desexos, agardamos que vos guste:


sábado, 26 de enero de 2013

FINA CASALDERREY NA REAL ACADEMIA GALEGA


A escritora FINA CASALDERREY autora de obras de Literatura Infantil e Xuvenil como Nolo e os Ladróns de Leña que moito do noso alumnado coñece por figurar entre os títulos incluídos no itinerario lector como "Ás de mosca para Anxo" ou  "O misterio dos fillos de lúa", obras todas elas maravillosas non so polo seu xeito de escribir senon pola temática e o achegamento dende a tenrura a situacións dramáticas pero reais.
Visitou a nosa escola e disfrutamos da súa proximidade e cómo nos contaba anécdotas da súa infancia. Cando rematou a charla moitos nenos e nenas querían facerlle preguntas ou pedirlle que lles dedicase o libro e atendeu a todos cun enorme cariño. 
Con ela a RAG gaña a unha gran escritora e tamén a unha  extraordinaria persoa e supón un recoñecemento á chamada literatura infantil e xuvenil.


miércoles, 16 de enero de 2013

DIA DA PAZ



        O "Día Escolar da Non-violencia e a Paz" , fundado en 1964 e conocido tamén  como Día Mundial ou Internacional da Non-Violencia e a Paz, celébrase o 30 de xaneiro e é unha iniciativa pioneira, non estatal, non gubernamental, non oficial, independiente, libre e voluntaria de Educación Non violenta e pacificadora.
Celébrase con motivo do aniversario da morte de Mahatma Gandhi, o home da "alma grande", que coa súa loita pacífica conseguiu a independencia da India, o seu país natal.
          Neste día deféndese e promóvese o amor universal, a non-violencia, a tolerancia, o respecto polos Dereitos Humanos a solidariedade e a Paz


¿Que é a PAZ?
Según o dicionario: Estado de tranquilidade e sosiego non turbado por molestias, traballos, etc./Tranquilidade pública e especialmente, nas familias, calma e boa correspondencia  duns con outros, en contraposición ás riñas ou pleitos / Estado de nación que non está en guerra con ningunha outra. Convenio para dar fin ás hostilidades entre dous ou máis nacions: "asinar a paz".

E para tí que é a paz...


Uns contos para a paz, os CONTOS SOLIDARIOS de Anxo Moure.

Escoita e le a historia de Wangari e das súas árbores da paz:

Na nosa biblio temos moitos libros que dun xeito ou doutro tratan este tema. Esta é unha pequena selección:



Unhas cancións para a PAZ:
Música pola Paz - Un Mundo Pequeno - Playing for a Change -  Song arround the world
Stand by me



La tierra del olvido


One Love


Tamén temos cancións en galego que nos fan reflexionar sobre o que nos pode facer sentir en paz:






lunes, 24 de diciembre de 2012

UNHA HOMENAXE AO CINE

Gracias Profe Ana, Cristóbal e Iago por este fantástico traballo.



miércoles, 19 de diciembre de 2012

GAÑADORES DOS CONTOS DE NADAL

OS GAÑADORES DOS CONTOS DE NADALDO 2º E 3º CICLO DE ED. PRIMARIA


Nicolás Rodríguez Lores
Tarikwa De La Fuente Sierra
Daniel Rodríguez Suárez
Andrea Domínguez Rodríguez
Manuel Estévez Murado e Manuel Di Noto Gálvez

lunes, 17 de diciembre de 2012

CONTOS DE NADAL

GRAZAS A TODOS/AS POLA VOSA PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE CONTOS DE NADAL.
GRAZAS AO ALUMNADO E PROFESORADO POR ADICAR UN TEMPO DO QUE APENAS DISPOÑEDES A PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE ORGANIZADA DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA E DE DINAMINAZACIÓN LINGÜÍSTICA.

ESTES SON OS CONTOS DO PRIMEIRO CICLO DE ED. PRIMARIA:






ESTES SON OS GAÑADORES DE ED. INFANTIL:













O EQUIPO DA BIBLIOTECA DESÉXAVOS UN BO NADAL

BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO 

NADAL NA BIBLIOTECA on PhotoPeach

Unha tradición do Nadal é o Belén, as Postais ou Felicitacións de Nadal coma as que fixemos no noso cole.
Pero tamén as Panxoliñas, as reunións familiares na Noiteboa e no día de Nadal e a Noitevella coa despedida do ano


Unha dos acontecementos do Nadal acontece na noite de do 5 ao 6 de xaneiro: "A noite de Reis"



Para aprender algo máis sobre o Nadal xogando aquí tedes algúns enlaces:
Para despedirnos un concerto de Nadal do alumnado do Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra (no que estudan algúns dos nosos alumnos e alumnas, ou exalumnos e exalumnas)










sábado, 15 de diciembre de 2012

PREMIOS NACIONAIS


Noraboa a todos os premiados nos PREMIOS NACIONAIS DE BOAS PRÁCTICAS NA XESTIÓN E DINAMIZACIÓN DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Felicitar especialmente ao CEIP A LAMA como GAÑADOR DO 1º PREMIO.

           Modalidade A (centros de ensino infantil, primaria, educ. especial e educ. de adultos):  

viernes, 30 de noviembre de 2012

SEMANA DOS DOCUMENTAIS: A AUGA

Ao longo desta semana o alumando do noso centro participou na "semana dos documentais". Neste trimestre adicámola á auga.
Aproveitamos tamén para ver os traballos realizados en diferentes centros ou propostos por eles sobre a loita contra a violencia de xénero.
Algúns dos documentais podédelos ver nas seguintes direccións:


lunes, 26 de noviembre de 2012

OUTRAS FORMAS DE VIOLENCIA

Hai outras formas de violencia contra as mulleres ás que debemos prestar atención. A empresa de cosméticos que comercializa DOVE publicou este anuncio no que nos advirte da sutil forma de violencia que supón o sometemento a uns patróns de beleza.


 Ou este outro:




DEBEMOS CAMBIAR
AUTOVALORACIÓN E RESPETO SON PALABRAS CUN SIGNIFICADO;


domingo, 25 de noviembre de 2012

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


O 25 de Novembro lembramos a importancia de loitar contra a violencia de xénero todo o ano.
Centros educativos  de toda Galicia como o CEIP DE FRIAN TEIS  ou  blogues de Bibliotecas escolares como TRAFEGANDO RONSEIS  colaboran contra esta lacra da nosa sociedad. GRAZAS POLOS VOSOS TRABALLOS.
Aquí podedes ver algús traballos: